Icona calendario 03-06-2025

A concelleira de Asuntos Sociais recibe o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia para estudiar vías de colaboración con este colectivo

13 de decembro de 2023 - 13:31


A concelleira de Asuntos Sociais do Concello de Ourense, Ana Fernández, recibiu esta mañá a presidenta do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia  Sonia González. O encontro tiña como finalidade coñecer de primeira man a realidade deste sector profesional, fortemente vencellado á cidade, en cuxo campus imparte un grao a Universidade de Vigo, e estudiar vías de colaboración entre o Concello e o colexio profesional, unha entidade que traballa  co obxectivo de reivindicar e poñer en valor a importancia do traballo que desenvolven os educadores e as educadoras sociais.

Arquivos adxuntos: