Atención ao cidadán

Oficina de Atención ao Cidadán

Praza Maior nº 1, Baixo Centro Histórico Ourense (32005)

Teléfono: 988 392 909

Horario: de 9.00h a 14.00h

Servicios:

Dende a Oficina de Atención ao Cidadán facilitamos a acollida e tramitación de queixas por tardanzas, desatencións ou actuacións irregulares, así como suxestións para mellorar a calidade dos servizos públicos, incrementar o rendemento e aforro do gasto público, simplificar tramites ou suprimir os innecesarios ou calquera outra medida para aumenta a satisfacción da cidadanía. Tamén pode solicitarnos información sobre o municipio de Ourense e sobre os servizos que presta o seu Concello; así mesmo informarnos das incidencias detectadas sobre danos, deficiencias ou anomalías nos servizos ou bens municipais

Pode facer uso deste servizo:

  • Achegándose a nosa oficina.
  • Chamándonos ao teléfono 988 392 909.
  • Mediante tramitación online

Temos tamén habilitado o Teléfono de Emerxencias para persoas Sordas682 383 037.


Tramitación OnLine para a tramitación de Solicitude de Información, Comunicación de Incidencias, Suxestións e Reclamacións:

Na Oficina de Atención ao Cidadán pode solicitar:

  • Emisión de Certificados de Empadroamento.
  • Emisión de Volantes de Empadroamento.
  • Consultas sobre o Padrón de habitantes.

Os usuarios identificados na Sede Electrónica Municipal poderán descargar os Volantes e Certificados de Empadroamento (individual e colectivo), evitando así achegarse as oficinas municipais.

Na Oficina de Atención ao Cidadán podes obter información e inscribirte aos cursos e actividades organizadas polas seguintes concellerías:

  • Concellería de Educación: Escolas de Verán, Escola de Música, Escola de Teatro, Escola Idiomas, Universidade Popular, etc.
  • Concellería de Xuventude
  • Concellería de Benestar Social: Cursos, Actividades, etc.
  • Concellería de Sanidade: Cursos, Actividades.
  • Concellería de Emprego
  • ...

A Oficina de Atención ao Cidadán é un servizo dependente da Concellería de Participación Cidadá. A relación da cidadanía con dito servizo pode ser presencial, telefónico e telemático. A Oficina de Atención ao Cidadán é a canle máis directa para que a cidadanía poida acceder ao coñecemento dos seus dereitos e obrigas e a utilización dos bens de servizos públicos.

A Oficina de Atención ao Cidadán:

  • Informa sobre procedementos, requisitos ou documentación sobre as diferentes solicitudes que poden realizarse no Concello de Ourense.
  • Facilita as Instancias da maior parte dos trámites municipais: Licencias, Pago de Tributos, Padrón de Habitantes...
  • Orienta e axuda á cidadanía para cubrir as instancias municipais.
  • Recibe e tramita as Queixas, Reclamacións, Suxestións e Iniciativas da Cidadanía.
  • Proporciona información administrativa municipal.
  • Informa sobre dependencias municipais.
  • Informa sobre Asociacións de veciños do Concello de Ourense.
  • Informa e facilita o acceso a Carpeta Cidadá.

Acceso directo aos Servizos OnLine:

Na Oficina de Atención ao Cidadán facilitamos pode solicitar:

  • Emisión de Recibos de Impostos.
  • Duplicados de Recibos de Impostos.
  • Domiciliación Bancaria de Impostos.
  • Cambio de Enderezo Fiscal.

Para facer uso deste servizo debe identificarse polo que poderá solicitalo:

Pode que se dea o caso de que vostede non dispoña de ningún dos certificados admitidos para a acceder á Carpeta Cidadá. De ser este é o seu caso, pode solicitar un PIN de acceso á Carpeta Cidadá.

Para poder dispor do PIN de acceso, deberá cubrir o formulario de solicitude de acceso á Carpeta Cidadá. Unha vez realizada a solicitude recibirá unha mensaxe de correo electrónico, indicándolle cando pode achegarse a Oficina de Atención ao Cidadán a recoller as súas claves de acceso. Recorde que deberá acudir coa documentación que se indica a continuación:

  • Coa finalidade de protexer o acceso aos datos confidenciais contidos na Carpeta Cidadá, deberá aportar o orixinal e a copia da súa documentación persoal (DNI, tarxeta de residencia ou NIE en formato carné)
  • No caso de que faga a solicitude unha terceira persoa en nome do interesado, deberá aportarse o orixinal e a fotocopia dun poder notarial expreso para a súa solicitude. Ademais, tamén deberase aporta unha fotocopia da documentación persoal que identifica o solicitante (DNI, NIE ou Permiso de Residencia) e orixinal e fotocopia da documentación persoal que identifica o autorizado (DNI, NIE o Permiso de Residencia)
  • No caso de que vostede represente a algunha entidade xurídica (empresas, asociacións,...) deberá proporcionar documento que acredite a representación.

Na oficina municipal proporcionaranlle o documento ''Condicións para a utilización do servizo Carpeta Cidadá do Concello de Ourense'', documento que vostede deberá ler e asinar.