Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Servizos
Información da división de servizos municipais que componen o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias e solicitudes de información
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Dende que chegou o bigoberno ao Concello de Ourense hai máis de dous anos, o barrio da Cuña está a padecer constantes agravios que amezan o progreso acadado nesta zona do sur da cidade ao longo dos últimos quince anos. Mostra do desleixo do executivo local co barrio da Cuña foi a eliminación de case 35 prazas públicas de aparcadoiro nun lugar de gran afluencia situado en fronte dunha parcela titularidade da Deputación Provincial de Ourense, que se atopa parcialmente cedida ao Concello.
Coñecedores do déficit de zonas de aparcadoiro que afecta á meirande parte dos barrios da cidade, non parece axeitado que o goberno local emprenda medidas destinadas a reducilas, instalando –como fixo nada máis chegar ao Concello– sinalización horizontal e vertical que restrinxe aínda máis as alternativas dos residentes, así como dos usuarios e usuarias do centro de saúde desta zona, para estacionar os seus vehículos.
Estamos a referirnos ao centro de saúde A Cuña-Mariñamansa, inaugurado no ano 1987, e que, a día de hoxe, presenta evidentes carencias como a falta de espazo para albergar o equipamento necesario que permita garantir a calidade asistencial, ou unha deficiente accesibilidade na contorna. A primeira cuestión require da atención da Xunta a curto prazo, mentres que a segunda precisa da acción urxente do goberno municipal, polo que a debullaremos máis polo miúdo. Paga a pena lembrar que tales demandas atenden a reivindicacións históricas expresadas tanto por parte da veciñanza como dos usuarios e do persoal sanitario.
En primeiro lugar, non estimamos axeitado manter unha sinal de tráfico na avenida da Universidade, á altura do número 16, que prohibe o aparcamento excepto a vehículos autorizados; como tampouco nos parece acaído o rebaixe existente na beirarrúa, sen haber unha sinal de vao permanente, malia dar entrada a un Centro de Saúde onde se atenden urxencias médicas que requiren un acceso directo, seguro e áxil.
Así mesmo, non consideramos oportuno contar cun paso de peóns na rúa Vasco Díaz Tanco que non coincide co rebaixe do bordo da beirarrúa, á altura do Centro de Saúde, o cal dificulta o acceso das persoas con mobilidade reducida, obrigándoas a teren que dar a volta ata avenida da Universidade.
Estes son só algúns dos exemplos que ilustran a falta de accesos dignos a un centro de saúde que tampouco conta co espazo necesario para ofrecer atención primaria a unha área de influencia que non deixou de medrar nos últimos anos. Tanto é así, que o persoal sanitario aumentou de xeito considerable, pasando de nove médicos a 17 e incrementando, de xeito similar, o resto de persoal asistencial e non asistencial que alí desenvolve o seu labor.
En base ao anteriormente exposto, dende o grupo municipal socialista instamos ao goberno da cidade a buscar solucións urxentes para a mellora da accesibilidade dos usuarios e traballadores do Centro de Saúde de A Cuña – Mariñamansa, eliminando as barreiras arquitectónicas existentes e priorizando o paso de vehículos adaptados e ambulancias, así como habilitando prazas para o estacionamento de vehículos de uso sanitario.
Consideramos que estas melloras son perentorias mentres non se poñen en marcha os trámites oportunos para a construción do novo centro de saúde da Cuña – Mariñamansa por parte da Xunta, como está contemplado no Plan Xeral de Reordenación, Modernización e Mellora da Rede de Centros de Saúde de Atención Primaria, unha folla de ruta cuxo obxectivo é conseguir que o servizo asistencial básico dependente da administración autonómica sexa o máis axeitado posible ás necesidades actuais, recollidas a través das demandas dos veciños e veciñas de toda a cidade e de xeito singular dos barrios con maior poboación.
Cómpre lembrar que xa no ano 2010 os socialistas facilitaron á Xunta seis posibles localizacións para a construción dun novo centro de saúde no barrio de Mariñamansa, dada a demanda trasladada polos representantes de 18 asociacións do sur da cidade que expuñan que o edificio actual, co paso do tempo, quedou pequeno e non pode albergar o equipamento necesario que demanda previsión de solo para novas infraestruturas sanitarias.
Deste xeito, os socialistas emprazamos novamente á Xunta de Galicia a fixar de inmediato un calendario definitivo para a execución das obras do novo centro de saúde co fin de resolver os déficits actuais e ampliar a cobertura os servizos de atención primaria do sur da cidade, contando co compromiso do goberno local para axilizar e formalizar toda a tramitación urbanística precisa de cara á posta a disposición e cesión definitiva de terreos, xestións de licenzas, modificacións precisas, etc.
Por todo exposto, presentamos para a aprobación desta Corporación Municipal as seguintes propostas de ACORDO:
1.- Instar ao Concello de Ourense a buscar solucións urxentes para mellorar a accesibilidade das persoas con mobilidade reducida ao Centro de Saúde da Cuña – Mariñamansa, atendendo ás reivindicacións históricas do persoal sanitario e dos usuarios e usuarias destas instalacións.
2.- Instar á Xunta de Galicia a que se comprometa a fixar de inmediato un calendario definitivo para a execución das obras do novo Centro de Saúde da Cuña – Mariñamansa, para resolver os déficits actuais da atención primaria na zona sur de Ourense.
Emenda presentada polo Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego
EMENDA DE ENGÁDEGA:
TEXTO INICIAL DA PROPOSTA DE ACORDO
1. Instar ao Concello de Ourense a buscar solucións urxentes para mellorar a accesibilidade das persoas con mobilidade reducida ao Centro de Saúde da Cuña – Mariñamansa, atendendo ás reivindicacións históricas do persoal sanitario e dos usuarios e usuarias destas instalacións.
2. Instar á Xunta de Galicia a que se comprometa a fixar de inmediato un calendario definitivo para a execución das obras do novo Centro de Saúde da Cuña – Mariñamansa, para resolver os déficits actuais da atención primaria na zona sur de Ourense.
PROPOSTA DE ENGÁDEGA
3. Instar o Goberno Local a mellorar e ampliar as liñas do autobús urbano co obxecto de mellorar a conectividade dos barrios adscritos ao Centro de Saúde da Cuña e favorecer deste xeito a accesibilidade das usuarias e usuarios ao mesmo.
O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a emenda do BNG.
28/10/2021: Remitido o acordo plenario ao Gabinete de Alcaldlía. Recibido aviso de recepción o 28/10/2021.
Documentos para descargar:
Política de cookies
Por favor, acepta as nosas cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia posible.
Utilizamos cookies propias con finalidade técnica para analizar de forma anónima o comportamento das persoas usuarias, co fin de mellorar a súa experiencia de navegación.
Consulta a información e política de cookies
POLÍTICA DE COOKIES
O Concello de Ourense informa do uso das cookies nas súas páxinas web.
As cookies son arquivos que se poden descargar no seu equipo a través das páxinas web. Son ferramentas que teñen un papel esencial para a prestación de numerosos servizos da sociedade da información. Entre outros, permiten a unha páxina web almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información obtida, pódense utilizar para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.
Tipos de cookies:
Segundo a entidade que o xestiona:
Segundo o prazo de tempo que permanecen activas
Segundo a súa finalidade
Segundo a súa publicidade comportamental
Para máis información a este respecto pode consultar a Guía sobre el uso de las cookies de la Agencia Española de Protección de Datos
Cookies utilizadas na Web do Concello (https://ourense.gal)
A continuación identifícanse as cookies que están a ser utilizadas neste portal web así como a súa tipoloxía e función.
A páxina web do Concello de Ourense utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvida por Google, que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web. No seu navegador poderá observar varias cookies deste servizo que, segundo a tipoloxía anterior, trátanse de cookies propias, de sesión e de análise. Pode atopar máis información respecto diso e inhabilitar o uso destas cookies nesta páxina.
A través da analítica web obtense información relativa ao número de usuarios que acceden á web, o número de páxinas vistas, a frecuencia e repetición das visitas, a súa duración, o navegador utilizado, o operador que presta o servizo, o idioma, o terminal que utiliza, ou a cidade á que está asignada a súa dirección IP, información que posibilita un mellor e máis apropiado servizo por parte deste portal web.
Outra cookie que se descarga é unha cookie de tipo técnico denominada "csrftoken". Permiten previr un frecuente buraco de seguridade das aplicacións web chamado "Cros Site Request Forgery". Sería algo como "falsificación de petición en sitios cruzados" ou simplemente falsificación de solicitude entre sitios.
O token CSRF mellora a seguridade porque permite validar que as solicitudes son xeradas desde o sitio web autorizado e non desde outras fontes. Para iso xérase unha cadea aleatoria e encriptada, que é capaz de ofrecer información soamente ao servidor que a xerou, que unha vez procesada serve para validar a procedencia da solicitude e o usuario que a realizou.
Aceptación da Política de cookies
O Concello asume que vostede acepta o uso de cookies ao continuar navegando ou pechar expresamente o aviso de cookies. Esta información sobre a Política de cookies está accesible tanto desde o aviso da parte central que se mostra para usuarios que aínda non a aceptaron, como no punto 3 da sección "Aviso legal" dentro da apartado "Información web"
Ante esta información é posible levar a cabo as seguintes accións:
Como modificar a configuración das cookies
Vostede pode restrinxir, bloquear ou borrar as cookies do Concello ou calquera outra páxina web, utilizando o seu navegador. En cada navegador a operativa é diferente, nas seguintes ligazóns pode obter instrucións de como facelo.