Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Servizos
Información da división de servizos municipais que componen o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias e solicitudes de información
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Unión Europea é a rexión máis envellecida do mundo, e a tendencia actual apunta a que cada vez o será máis. Dentro dela, hai varias rexións nas que se agudiza especialmente esta situación, unha é Galicia, onde as persoas maiores de 65 anos xa representan máis dunha cuarta parte do total da poboación. No caso concreto de Ourense, esta realidade é aínda máis acusada: segundo os últimos datos do IGE, máis do 32% da poboación ten 65 ou máis anos, converténdose así nunha das provincias máis envellecidas non só de Galicia senón de toda España.
Como é lóxico, este envellecemento poboacional tradúcese nun incremento da cidadanía en idade dependente, que necesita e demanda asistencia para realizar actividades básicas da vida cotiá. A atención a este colectivo de poboación convértese nun reto para todos os poderes públicos e require dunha resposta firme e adaptada ao modelo actual da nosa sociedade.
Para dar resposta a esta situación aprobouse, cunha ampla maioría, a Lei estatal 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, que xurde co obxectivo de regular as condicións para garantir a igualdade no exercicio do dereito dos cidadáns á promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, mediante a creación do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD) coa colaboración e participación de todas as Administracións Públicas.
Este é o marco normativo aprobado hai preto de vinte anos no que se recollen os dereitos dos cidadáns, pero tamén os deberes de todas as administracións implicadas.
Dúas décadas despois da aprobación da coñecida como Lei da Dependencia, o sistema segue tendo certas eivas que están lonxe de corrixirse. A principal, ten que ver co problema estrutural de financiamento que Galicia leva denunciando desde hai moitos anos.
A Lei fixa que o gasto dos servizos e prestacións debe asumirse ao 50% entre as Comunidades Autónomas e a Administración Xeral do Estado, algo que nunca sucedeu e que actualmente segue sen corrixirse.
O crecente esforzo inversor por parte da Administración autonómica para atender ás súas veciñas e veciños, non ten a mesma correspondencia por parte do Goberno central. Deste xeito o recoñece o propio Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030 na Memoria de análisis del marco normativo de la Ley de Dependencia:
“... La financiación originalmente planteada por la Memoria de la Ley de Dependencia no se alcanzó, ni en términos absolutos, ni en términos relativos al cumplimiento del objetivo de financiación del 50%”.
Esta é unha cita literal dun documento presentado ás comunidades autónomas a comezos de marzo no Pleno do Consejo Territorial de Servicios Sociales y Dependencia. É dicir, o Goberno central recoñece que non achega o que debe achegar por Lei. Iso vai en detrimento dos servizos que reciben os veciños e prexudica directamente ás arcas municipais e autonómicas.
A pesar diso, é preciso salientar os avances que se produciron na nosa comunidade. Así, tal e como reflicten os datos publicados polo IMSERSO, Galicia rexistra unha evolución positiva neste ámbito e na actualidade máis de 77.000 persoas que teñen a súa dependencia recoñecida, reciben un servizo ou prestación. Esta cifra sitúa á nosa Comunidade cunha ratio de atención do 98,46%, unha das máis elevadas de España e 6 puntos por encima da media nacional.
De feito, nos últimos 15 anos o número de persoas dependentes atendidas na nosa comunidade multiplicouse por cinco. Cada ano a Administración autonómica aumenta o seu orzamento en materia de dependencia para poder seguir ofrecendo servizos aos galegos que o precisen.
É importante poñer en valor estes datos, sabendo que Galicia é unha das comunidades líderes grazas ao esforzo que fai a Xunta de Galicia.
Xa debullando os datos económicos, este ano Galicia inviste no eido da dependencia máis de 700 millóns de euros, dos que preto do 70% proceden das propias arcas autonómicas mentres que a Administración Xeral do Estado faise cargo da parte restante, moito menor. Polo tanto, o que se observa é unha balanza moi desequilibrada que repercute directamente nos servizos e prestacións que reciben os galegos e un incumprimento incontestable do establecido na lei estatal.
No caso concreto da nosa Comunidade Autónoma, as achegas ao sistema de atención á dependencia por parte do Goberno central redúcense dun ano a outro, ao pasar do 40% en 2023 ao 34,9% en 2024, o que provoca que a débeda acumulada coa nosa Comunidade nesta materia supere os 2.500M€.
É moi significativa esta baixada tendo en conta que hai só un ano, antes das eleccións autonómicas o ministro, Pablo Bustinduy, dixo nunha entrevista dun medio de comunicación galego que o obxectivo era asumir o 50% do gasto da dependencia en Galicia. Só un ano despois, lonxe de incrementar os apoios estatais o que vemos é unha baixada nesa porcentaxe que debía subir.
Para Galicia, dispor dos máis de 2.500 millóns de euros que nos debe o Goberno Central suporía poder chegar a máis galegos dependentes que precisan algún tipo de atención. Hai que ter en conta que sen a aprobación dos Presupuestos Generales del Estado (PGE) esta situación agravarase xa que mentres o Goberno galego continuará incrementando fondos, servizos e atendidos, a Administración xeral do Estado conxelaraos.
Ademais de non achegar o financiamento axeitado, o Goberno central realiza modificacións normativas sen ter en conta o resto de administracións, que son as competentes e as que xestionan a maioría de servizos.
Así, primeiro en xullo do ano 2023 o Goberno central publicou un Real Decreto (RD 675/2023, do 18 de xullo) polo que se modifica o sistema de prestacións en dependencia, de xeito unilateral e sen contar coas Comunidades Autónomas.
E, ano e medio despois, o pasado febreiro, o ministro de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030 presentou o anteproxecto de lei que reforma a Lei de Dependencia e a Lei de Discapacidade.
Ambos cambios conlevan obrigacións ao resto de Administracións sen vir acompañadas do correspondente financiamento, isto é, sen ningún tipo de axuda orzamentaria estatal.
A teleasistencia pasa a ser un dereito subxectivo, amplíanse as contías das prestacións e fanse modificacións directas no Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
Agora, o Goberno central incrementa as intensidades do servizo ao aumentar as horas mínimas para atender a unha persoa en situación de dependencia. Amplía as accións a realizar no servizo, xa que agora tamén contempla tarefas fóra do fogar (para ir á compra, ao médico ou ao centro de día, por exemplo).
Todo isto leva consigo un encarecemento do servizo, máis necesidade de persoal e modificar os contratos actualmente en vigor que teñen os concellos coas empresas prestadoras do Servizo.
A Xunta de Galicia achega este ano máis de 140M€ anuais para o SAF, un servizo que en Galicia o perciben máis de 24.000 persoas. Incrementar deste xeito este servizo como quere impoñer o Executivo Central sen ter en conta ás Comunidades Autónomas que son as que o financian na súa maior parte, nin aos concellos que son os que o xestionan, require de máis recursos e de máis persoal. Dous requisitos indispensables ignorados polo Goberno.
É dicir, a reforma da Lei debe vir acompañada de financiamento. Un financiamento que tamén debera ter en conta as singularidades dos territorios, porque non todos son iguais. No caso concreto da nosa Comunidade, a dispersión ou o envellecemento da poboación son factores que incrementan considerablemente o custo dos servizos, e que obrigan ás administracións galegas a realizar un esforzo económico moito maior.
Non se poden impoñer máis obrigacións aos concellos sen que a reforma veña acompañada do financiamento necesario.
Por todo o exposto, o grupo municipal do PP no Concello de Ourense solicita do Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo,
O Pleno Municipal insta ao Goberno Central a:
O Pleno do Concello, por vinte votos a favor do Grupo Municipal do Partido Popular, do Grupo Municipal de Democracia Ourensana e do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, e cinco votos en contra do Grupo Municipal Socialista, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.
19/05/2025: Acordo plenario remitido ao Gabinte de Alcaldía. Recibido aviso de recepción o .
Documentos para descargar:
Política de cookies
Por favor, acepta as nosas cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia posible.
Utilizamos cookies propias con finalidade técnica para analizar de forma anónima o comportamento das persoas usuarias, co fin de mellorar a súa experiencia de navegación.
Consulta a información e política de cookies
POLÍTICA DE COOKIES
O Concello de Ourense informa do uso das cookies nas súas páxinas web.
As cookies son arquivos que se poden descargar no seu equipo a través das páxinas web. Son ferramentas que teñen un papel esencial para a prestación de numerosos servizos da sociedade da información. Entre outros, permiten a unha páxina web almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información obtida, pódense utilizar para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.
Tipos de cookies:
Segundo a entidade que o xestiona:
Segundo o prazo de tempo que permanecen activas
Segundo a súa finalidade
Segundo a súa publicidade comportamental
Para máis información a este respecto pode consultar a Guía sobre el uso de las cookies de la Agencia Española de Protección de Datos
Cookies utilizadas na Web do Concello (https://ourense.gal)
A continuación identifícanse as cookies que están a ser utilizadas neste portal web así como a súa tipoloxía e función.
A páxina web do Concello de Ourense utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvida por Google, que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web. No seu navegador poderá observar varias cookies deste servizo que, segundo a tipoloxía anterior, trátanse de cookies propias, de sesión e de análise. Pode atopar máis información respecto diso e inhabilitar o uso destas cookies nesta páxina.
A través da analítica web obtense información relativa ao número de usuarios que acceden á web, o número de páxinas vistas, a frecuencia e repetición das visitas, a súa duración, o navegador utilizado, o operador que presta o servizo, o idioma, o terminal que utiliza, ou a cidade á que está asignada a súa dirección IP, información que posibilita un mellor e máis apropiado servizo por parte deste portal web.
Outra cookie que se descarga é unha cookie de tipo técnico denominada "csrftoken". Permiten previr un frecuente buraco de seguridade das aplicacións web chamado "Cros Site Request Forgery". Sería algo como "falsificación de petición en sitios cruzados" ou simplemente falsificación de solicitude entre sitios.
O token CSRF mellora a seguridade porque permite validar que as solicitudes son xeradas desde o sitio web autorizado e non desde outras fontes. Para iso xérase unha cadea aleatoria e encriptada, que é capaz de ofrecer información soamente ao servidor que a xerou, que unha vez procesada serve para validar a procedencia da solicitude e o usuario que a realizou.
Aceptación da Política de cookies
O Concello asume que vostede acepta o uso de cookies ao continuar navegando ou pechar expresamente o aviso de cookies. Esta información sobre a Política de cookies está accesible tanto desde o aviso da parte central que se mostra para usuarios que aínda non a aceptaron, como no punto 3 da sección "Aviso legal" dentro da apartado "Información web"
Ante esta información é posible levar a cabo as seguintes accións:
Como modificar a configuración das cookies
Vostede pode restrinxir, bloquear ou borrar as cookies do Concello ou calquera outra páxina web, utilizando o seu navegador. En cada navegador a operativa é diferente, nas seguintes ligazóns pode obter instrucións de como facelo.