Icona calendario 05-06-2025

O Concello apoiará o labor de Proxecto Home e do Comité Anti-sida con senllas subvencións de 25.000 euros

14 de decembro de 2023 - 15:02

A Xunta de Goberno aprobou conceder 7 licenzas urbanísticas e unha prórroga dun mes á empresa concesionaria para iniciar as obras de reparación das Termas da Chavasqueira


A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 14 acordos na súa sesión desta mañá. Entre eles, a concesión de senllas subvencións nominativas á Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home e á Asociación Comité Cidadán Anti-sida de Ourense, polo importe de 25.000 euros, para o financiamento de programas no ámbito sanitario na cidade, e a de 7 licenzas urbanísticas e dunha prórroga de 1 mes á empresa concesionaria Ibernisha para iniciar as obras de reparación das Termas da Chavasqueira.