Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Servizos
Información da división de servizos municipais que componen o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias e solicitudes de información
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
31 de maio de 2025 - 12:42
O Concello de Ourense concentrará departamentos municipais burocráticos nas instalacións de La Molinera, coa finalidade de dar uso a este espazo, concentrar nel procesos e servizos, eliminar redundancias e evitar “reinos de taifas”. Así o avanzou esta mañá o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, quen adiantou que o traslado de servizos a este emprazamento desenvolverase durante o período estival, comezando no mes de xullo.
Nas instalacións de La Molinera, acondicionadas hai 10 anos, traballan actualmente 7 enxeñeiros de programación que, entre outras funcións, están a crear aplicacións para o Concello, a través dun programa provisional.
O alcalde adiantou que La Molinera acollerá a maior parte (non toda) de diferentes servizos municipais como os de Educación, Termalismo, Persoal, Festexos, Servizos Xerais, Igualdade, Saúde, Promoción económica ou Tesourería, entre outros. O Concello realizou traballos nos últimos meses para acondicionar e equipar espazos no edificio municipal para que poida acoller estes servizos.
“Basicamente o que queremos facer é concentrar moitos servizos en La Molinera, darlle uso a unha infraestrutura que se fixo fiel á filosofía de outrora de facer reinos de taifas con pequenos recunchos e edificios repartidos por toda a cidade. Esta estrutura non é funcional”, afirma Gonzalo Jácome, quen explica que “este é tamén un dos motivos polos que renunciamos a seguir co proxecto de rehabilitación dun edificio na Praza da Trindade, a carón do Servizo de Urbanismo. Non queremos máis recunchos nin reinos de taifas. No caso de que fagamos algo sería un gran edificio administrativo municipal”, asegura
Explica o alcalde que La Molinera “usouse como unha pseudo academia de cursos de iniciación na época de Jesús Vázquez (2015-19), e foi proposto polo noso grupo de goberno para albergar a Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (Aesia), aínda que finalmente o Goberno de España e a Xunta de Galicia optaron pola cidade da Coruña. Foi un proxecto errado porque a Xunta e o Estado español non investiron en intelixencia artificial”, conclúe. Agora, detalla Pérez Jácome, “temos que darlle o mellor uso posible, e este é concentrar servizos para non ter departamentos redundantes. Queremos conseguir a vella aspiración que temos desde o noso grupo de goberno que é centralizar os procesos, e que un departamento se encargue de todas as facturas do Concello e non que cada concellería teña os seus propios contables para as facturas”, conclúe.
Política de cookies
Por favor, acepta as nosas cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia posible.
Utilizamos cookies propias con finalidade técnica para analizar de forma anónima o comportamento das persoas usuarias, co fin de mellorar a súa experiencia de navegación.
Consulta a información e política de cookies
POLÍTICA DE COOKIES
O Concello de Ourense informa do uso das cookies nas súas páxinas web.
As cookies son arquivos que se poden descargar no seu equipo a través das páxinas web. Son ferramentas que teñen un papel esencial para a prestación de numerosos servizos da sociedade da información. Entre outros, permiten a unha páxina web almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información obtida, pódense utilizar para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.
Tipos de cookies:
Segundo a entidade que o xestiona:
Segundo o prazo de tempo que permanecen activas
Segundo a súa finalidade
Segundo a súa publicidade comportamental
Para máis información a este respecto pode consultar a Guía sobre el uso de las cookies de la Agencia Española de Protección de Datos
Cookies utilizadas na Web do Concello (https://ourense.gal)
A continuación identifícanse as cookies que están a ser utilizadas neste portal web así como a súa tipoloxía e función.
A páxina web do Concello de Ourense utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvida por Google, que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web. No seu navegador poderá observar varias cookies deste servizo que, segundo a tipoloxía anterior, trátanse de cookies propias, de sesión e de análise. Pode atopar máis información respecto diso e inhabilitar o uso destas cookies nesta páxina.
A través da analítica web obtense información relativa ao número de usuarios que acceden á web, o número de páxinas vistas, a frecuencia e repetición das visitas, a súa duración, o navegador utilizado, o operador que presta o servizo, o idioma, o terminal que utiliza, ou a cidade á que está asignada a súa dirección IP, información que posibilita un mellor e máis apropiado servizo por parte deste portal web.
Outra cookie que se descarga é unha cookie de tipo técnico denominada "csrftoken". Permiten previr un frecuente buraco de seguridade das aplicacións web chamado "Cros Site Request Forgery". Sería algo como "falsificación de petición en sitios cruzados" ou simplemente falsificación de solicitude entre sitios.
O token CSRF mellora a seguridade porque permite validar que as solicitudes son xeradas desde o sitio web autorizado e non desde outras fontes. Para iso xérase unha cadea aleatoria e encriptada, que é capaz de ofrecer información soamente ao servidor que a xerou, que unha vez procesada serve para validar a procedencia da solicitude e o usuario que a realizou.
Aceptación da Política de cookies
O Concello asume que vostede acepta o uso de cookies ao continuar navegando ou pechar expresamente o aviso de cookies. Esta información sobre a Política de cookies está accesible tanto desde o aviso da parte central que se mostra para usuarios que aínda non a aceptaron, como no punto 3 da sección "Aviso legal" dentro da apartado "Información web"
Ante esta información é posible levar a cabo as seguintes accións:
Como modificar a configuración das cookies
Vostede pode restrinxir, bloquear ou borrar as cookies do Concello ou calquera outra páxina web, utilizando o seu navegador. En cada navegador a operativa é diferente, nas seguintes ligazóns pode obter instrucións de como facelo.