O Concello traballa na remodelación integral da zona de xogos infantís do parque da rúa Río Cerves, no barrio do Vinteún

27 de novembro de 2021 - 10:04

Os traballos afrontarán a reparación e mellora da zona de xogos localizados na rúa Río Cerves do barrio do Vinteún, e forman parte dos traballos do plan de mellora de parques infantís da cidade/ O investimento de 48.352,43€ renovará integramente o conxunto de xogos do parque infantil


...

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente, inicia os traballos de remodelación integral do parque infantil da rúa Río Cerves do barrio do Vinteún, unha intervención que permitirá poñer a punto todos os xogos das zonas de lecer neste parque de grande afluencia de familias.

Para o concelleiro Jorge Pumar, esta instalación permitirá mellorar a oferta do ocio do parque e ademais darlle resposta a unha demanda moi solicitada pola asociación de veciños do barrio.

Os traballos permitirán a instalación de novas unidades de xogos para os máis cativos, incorporando novos equipos multixogos e novas modalidades de balancíns que, unidos á instalación completa de novo caucho na superficie do parque permitirá unha remodelación integral desta instalación infantil. O investimento global alcanza os 48.352,43€, importe que permite a instalación de ata catro novos xogos no espazo infantil de Río Cerves.

Archivos relacionados:

Imagenes: