O Concello inicia obras de acondicionamento da rúa da Saínza, cun investimento de máis de 200.000 euros

15 de outubro de 2021 - 14:01

O Concello de Ourense iniciou a execución das obras do proxecto de acondicionamento da rúa Nosa Señora da Saínza, no tramo comprendido entre a Avenida de Zamora e a rúa Ramón Puga Noguerol. Os traballos, cun prazo de execución dun mes, suporán un investimento de 167.117,23 euros máis IVE por parte do Concello. Son executados pola empresa Misturas Obras e Proxectos S.A


...

O Concello de Ourense iniciou a execución das obras do proxecto de acondicionamento da rúa Nosa Señora da Saínza, no tramo comprendido entre a Avenida de Zamora e a rúa Ramón Puga Noguerol. Os traballos, cun prazo de execución dun mes, suporán un investimento de 202.211,85 euros por parte do Concello. Son executados pola empresa Misturas Obras e Proxectos S.A

Os traballos teñen como finalidade mellorar as condicións de uso da rúa tanto para o tráfico rodado como para o peonil. Para isto, procederase á rehabilitación e mellora do firme da rúa, eliminando as patoloxías existentes (socavóns puntuais, deformacións, diminución do confort de tránsito pola vía por ruído, entre outras). Tamén se reparán e acondicionarán pozos, arquetas e rexistros situados na vía e se pintarán as marcas viarias.

O proxecto tamén inclúe a adecuación de beirarrúas, actuando en bordos, rebaixes, pavimentos e mobiliario urbano. Salienta neste sentido a sección de beirarrúas prevista, onde se prescribe para o itinerario peonil accesible una anchura mínima de 180 centímetros, ampliando os sobreanchos nas rúas Ermitas, Cristal e Portalón do Casar, coa fin de realizar o cruce peonil de modo seguro. Tamén se prevé no proxecto a posibilidade de incorporar una intersección semafórica no enlace norte entre a rúa Nosa Señora da Saínza con Camiño Portalón do Casar.

Archivos relacionados:

Imagenes: