Responsive image 02-07-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

Luz verde para a execución das obras de reforma da rúa Concordia

22 de xaneiro de 2022 - 11:48

Patrimonio remite unha resolución que avala a folla de ruta do goberno municipal / “PSOE, BNG e C´s, xunto a 3 concelleiros tránsfugas, fracasan no intento de frear as obras”, asegura o alcalde Gonzalo Jácome


Imagen de noticia

O Concello de Ourense ten vía libre para executar as obras de reforma da rúa da Concordia. A Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia remitiulle ao Concello esta semana unha resolución que permite continar coa folla de ruta deseñada polo goberno municipal para realizar o proxecto de humanización deste vial, cun orzamento de licitación de 4,6 millóns de euros. O Concello ultima xa a adxudicación das obras, para as que presentaron as súas ofertas nove empresas.

PSOE, BNG, C's, xunto a 3 concelleiros tránsfugas, fracasan no seu intento de frear as obras da rúa Concordia”, asegura o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen subliña que esta resolución “avala as accións realizadas polo Concello, en contra dos 14 concelleiros que no pleno do día 14 de xaneiro deste ano votaron a favor de paralizalas”

Sostén o alcalde que os concelleiros “contrarios á moderna reforma en Concordia, pretendían dilatar o proceso ata que Patrimonio se pronunciase. Nós fixemos caso omiso, xa que non era preceptivo, pero houbo unha denuncia anónima e esta mesma semana a Xunta notificou (sen pedirlle nada o Concello), que todo estaba correcto, e que unicamente, como calquera obra en zona similar, debe levar a correspondente supervisión arqueolóxica”. A este respecto, explica o alcalde que o Concello xa lle remitiu á administración autonómica este plan arqueolóxico.

Gonzalo Jácome incide na importancia de axilizar o desenvolvemento dos proxectos e non realizar trámites que non sexan precisos: “solicitar permisos a Patrimonio cando non é necesario, frearía calquera proceso administrativo, que é o que a oposición perseguía”.

O Concello de Ourense ultima agora a a adxudicación das obras, para cuxa execución presentaron as súas ofertas un total de 9 empresas.


 

Archivos relacionados:

Imagenes:
220122_ObrasConcordia.doc