A programación de actividades de conciliación de Nadal na Sala Valente remata coa entrega de agasallos aos nenos e ás nenas participantes

7 de xaneiro de 2022 - 12:26

Esta é unha iniciativa que desenvolve a Concellería de Educación co ánimo de axudar á conciliación ás familias e ofertar propostas de lecer para as nenas e os nenos durante as súas vacacións escolares.


...

A programación de actividades de conciliación organizadas pola Concellería de Educación na Sala Valente durante as festas do Nadal chegou ao seu remate esta mañá, coa entrega de agasallos aos nenos e ás nenas que participaron neste programa de carácter lúdico-educativo.

Esta é unha iniciativa que desenvolve o Concello de Ourense co ánimo de axudar á conciliación ás familias e ofertar propostas de lecer para as nenas e os nenos durante as súas vacacións escolares.

A Concellería de Educación tamén organizou actividades de conciliación durante estas datas na Aula Municipal de Natureza do río Miño, en Oira.