El Círculo

Sinopse: El Círculo é un retrato incómodo e sen censura dun proceso de deconstrución e cuestionamento da masculinidade levado a cabo por un grupo de homes que comparten as súas experiencias na terapia colectiva. A través de seis colectivos heteroxéneos, créase un debate que suscita varias cuestións: os custos e privilexios de vivir nunha sociedade patriarcal, a súa relación coas mulleres, a violencia, o sexo como causa de grandes complexos ou a paternidade. En definitiva, un documental que desnuda a masculinidade tóxica desde dentro.

Actividade coorganizada co Cineclube Padre Feijóo.

...

Categoría:

Artes e festexos

Ubicación:

Cineclube Padre Feijóo.

Data:

2 de decembro de 2021

Hora:

20:30

Detalles:

 🕣  20.30 horas

Cineclube Padre Feijóo (Casa da Cultura, rúa Concello, 11)

🎬 Cine: “El Círculo” (2021, España; dir. Iván Roiz y Álvaro Priante).