Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Sede da área de Urbanismo, licenzas e vivenda

García Mosquera (esquina Padre Feijoo) nº 19 Centro Histórico Ourense (32005)

Teléfono: 988 388 109

Horario: de 9.00h a 13.00h

Área de goberno responsable:

Urbanismo, Vivenda e Patrimonio

Seccións

A continuación amósase unha listaxe de seccións que compoñen esta área. Podes obter máis información premendo sobre cada unha das seccións:

A exposición ao público do padrón de edificios suxeitos á inspección técnica, mediante os anuncios no Boletín Oficial da Provincia e en dous xornais dos de maior difusión dentro do municipio, ten a consideración de notificación para os interesados, obrigándolles a realizar a correspondente inspección no transcurso do ano que corresponda, e que no caso do incumprimento será considerado como infracción urbanística sancionable segundo os termos da Lei de Ordenación Urbanística de Galicia.

O citado padrón de edificios poderá consultarse nas oficinas administrativas da ITE situadas na rúa García Mosquera, n º 19.


Documentos:

Documento de Aprobación Provisional

A Xunta de Goberno Local en sesión de data 2 de maio de 2019, adoptou o seguinte acordo:

10.- Aprobación provisional do documento da revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de 1986 segundo a versión refundida de novembro de 2017, coas correccións introducidas en datas 19/12/17 e 24/05/18. Expt. Planeamento 2010002650.

A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta e, advertindo e corrixindo neste acto un erro no parágrafo 4) do acordo; de forma que, onde dicía: “(... 06/05/2018 ...)”, debería dicir: “(... 06/06/2018 ...)”; por unanimidade dos asistentes (10 votos a favor), acordou:

  1. Asumir a proposta de resolución de alegacións presentadas polas persoas físicas e xurídicas e demais suxeitos lexitimados formulada no informe do equipo redactor da Revisión e Adaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de 1986 e presentada en data 23 de marzo de 2018 no rexistro xeral municipal.
  2. Aprobar provisionalmente o Documento de Aprobación Provisional (DAP) da Revisión e Adaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de 1986, segundo a versión refundida de data novembro 2017, coas correccións posteriores inseridas en datas 19 de decembro de 2017 e 24 de maio de 2018.
  3. Remitir o documento completo debidamente dilixenciado á Xunta de Galicia – Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio – Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para a emisión do informe previo á aprobación definitiva polo Excmo. Concello de Ourense.

Todo elo de acordo cos informes emitidos no expediente en data 29/06/2018 polo Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística, o informe do titular da Asesoría Xurídica de data 16/04/2019 e o informe do Consello Consultivo de data 06/06/2018 obrantes todos eles no expediente.

Réxime de recursos

De conformidade co disposto no art. 107 da Lei 30/1992, por tratarse dun acto de trámite que non decide directa ou indirectamente o fondo do asunto, nin determina a imposibilidade de continuar o procedemento, nin produce indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, non cabe interpor recurso administrativo algún, sen prexuízo de que se formulen polos interesados os que procedan contra o acordo que poña fin ao presente procedemento.

No enlace a continuación se referencia pódese consultar dito Documento de Aprobación Provisional (DAP): Documento de Aprobación Provisional(DAP)

Informe as alegacions

O enlace que aparece a cotinuación contén a resposta do equipo redactor do documento de aprobación inicial ás alegacións presentadas durante o período de exposición ao público.

Faise constar que este informe non reflicte o resultado final a incorporar ao documento de aprobación provisional do PXOM, polo que non ten carácter definitivo nin vinculante.

Para maior claridade o equipo redactor achegou unha serie de planos que recollen os cambios que o seu informe supón nos planos de ordenación do documento de aprobación inicial

Informe ás alegacións do equipo redactor

Documento de aprobación inicial

O Concello está a tramitar un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal que foi aprobado inicialmente polo Pleno de 8 de novembro de 2013. Este documento foi exposto ao público durante tres meses dende a publicación da aprobación no DOG (28/11/2013) e está actualmente en fase de redacción da contestación ás alegacións e informes sectoriais.

Documento de aprobación inicial

Rúa Primavera, nº 1
Ourense (32005)

Teléfono: 988 366 235

Horario: Atención ao público de 9 a 14 horas

Convenio urbanístico de xestión para a execución do proxecto coñecido como "aparcamento público de baixo coste nas Lagoas"

21 Xuño 2021

Documentos:

Anuncio Decreto Resolucion-Expte. 2015016997

31 Marzo 2016

Documentos: