Seguridade Cidadá

Policía Local

Rúa Victoria Kent, nº 1

Teléfono: 988 388 138/ 092

Área de goberno responsable:

Seguridade Cidadá

Seccións

A continuación amósase unha listaxe de seccións que compoñen esta área. Podes obter máis información premendo sobre cada unha das seccións:

Directorio de Seguridade Cidadá

   Enderezo  Teléfono 
 Policía local. Centralita  Rúa Victoria Kent, nº 1  988 388 138/ 092 
 Policía local. Atestados  Rúa Victoria Kent, nº 1  988 511 608
 Policía local. Denuncias  Rúa Victoria Kent, nº 1  988 511 607
 Policía local. Depósito de vehículos  Rúa Cumial, s/n  988 243 525
 Policía local. Guindastre Municipal/Hora   Rúa Pura e Dora Vázquez, s/n  988 247 001
 Policía local. Multas e sancións  Rúa da Imprenta, nº 2  988 511 623
 Policía local. Oficina técnica de tráfico  Rúa Victoria Kent, nº 1  988 511 617
 Protección Civil  Rúa Campo da feira, s/n  988 210 931
 Servizo de Extinción de Incendios  Rúa Feira Nova , s/n

 988 371 313
 988 370 000
 URXENCIAS 080

Ubicación:

A Oficina de Obxectos Perdidos atópase ubicada na Xefatura de Policía Local sita Rúa Victoria Kent 1.

Función:

Encargase de recepcionar, custodiar e realizar as xestións oportunas para localizar aos propietarios dos objectos perdidos que son entregados nas dependencias por parte de particulares, empresas uu organismos oficiais.

Horario de atención ao público da Oficina de Obxectos Perdidos:

  • A entrada de obxectos por parte de quen o atopa, pode realizarse durante as 24 horas do día, ben de maneira persoal na Xefatura de Policía Local o chamando ao 092 para que unha unidade pase a recollelo.
  • A recollida de obxectos perdidos, ben sexa polo seu lexítimo propietario o por quen o atopou, poderá realizarse de luns a venres en horario de 8:00 a 14:00 horas nas dependencias da Policía Local sitas na rúa Victoria Kent 1.
    • Para evitar molestias aos usuarios é recomendable poñerse en contacto telefónico coa oficina de obxectos perdidos, chamando ao 092, antes de acudir a recoller calquera obxecto.

Funcionamento da Oficina de Obxectos Perdidos

RECEPCION DO OBXECTO

Se algunha persoa atopa un obxecto perdido, o pode entregar de forma persoal na Xefatura da Policía Local ou comunicalo chamando ao número de teléfono 092.
Se así o desexa pode identificarse (DNI, teléfono, e-mail,…), a efectos de poder recuperar o obxecto transcorridos 2 anos dende a data na cal se entregou o mesmo, podendo solicitar un recibín do obxecto entregado en custodia.

ENTREGA DE OBXECTOS PERDIDOS AO SEU PROPIETARIO

Para a retirada dos obxectos perdidos será necesario o seguinte:

  • DNI ou pasaporte do propietario. Tamén pode retiralo unha persoa autorizada presentando o seu DNI ou pasaporte en vigor, ademais da autorización escrita do propietario e fotocopia do DNI ou pasaporte en vigor deste.
  • Descrición do obxecto, lugar e data aproximada da perda. Factura de compra ou foto do obxecto; no caso de tratarse dun móbil, tableta, ordenador portátil, debe acendelo, indicar o IMEI ou contrasinal ou presentar unha proba que acredite a súa propiedade.

ENTREGA DE OBXECTOS PERDIDOS Á PERSOA QUE O ATOPOU

Para a retirada dos obxectos perdidos será necesario o seguinte:

  • DNI ou pasaporte da persoa que o atopou e o correspondente recibín, de telo solicitado no seu día.

Tamén pode retiralo unha persoa autorizada presentando o seu DNI ou pasaporte en vigor, ademais da autorización escrita da persoa que atopou o obxecto e fotocopia do DNI ou pasaporte en vigor deste.

A persoa que atopa o obxecto non se devolverá todo aquilo que conteña información persoal como DNI’s, permisos e licenzas de conducción e demais documentos, así como aparellos electrónicos que sexan susceptibles de gardar a mencionada información e non sexa posible a súa eliminación de forma irrecuperable (teléfonos móbiles). Si devolveranse os ordenadores despois de eliminar de forma irrecuperable todo o seu contido.

Dereitos das persoas usuarias

Os usuarios da Oficina de Obxectos Perdidos teñen dereito:

  • A que se lles informe sobre se algún obxecto da súa propiedade atópase depositado na Oficina de Obxectos Perdidos.
  • A que los obxectos atopados se custodien coa máxima dilixencia e en condicións que permitan evitar o seu deterioro.
  • A poñer en contacto ao propietario e a persoa que atopou o obxecto.
  • A persoa que atopa un obxecto, ten dereito:
    • A que se lle entregue o documento acreditativo de depósito do obxecto e a que se le informe dos dereitos recoñecidos nos artigos 615 e 616 do Código Civil. Transcorrido o prazo legal de depósito sen que fose reclamado o obxecto polo seu lexítimo propietario notificarase tal circunstancia a persoa que o atopou para que exerza o seu dereito sobre o obxecto.
    • A ser informado, se así o desexa, de que o obxecto foi devolto ao seu propietario.

 

Pode consultar o listado de obxetos perdidos nesta páxina web a través da seguinte ligazón.

Obxetos perdidos