Participación Cidadá

Sede da área de Participación Cidada

Praza de San Martiño nº 2, baixo Centro Histórico Ourense (32005)

Teléfono: 988 248 890

Horario: de 8.30h a 14.00h

Seccións

A continuación amósase unha listaxe de seccións que compoñen esta área. Podes obter máis información premendo sobre cada unha das seccións:

Obxectivos da comisión:

  • Corresponde á Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións defender os dereitos dos veciños nas súas relacións coa administración municipal; supervisar a actuación desta, propoñendo accións de mellora e ditaminar as queixas que de dirixan os veciños de conformidade co disposto no regulamento deste órgano.
  • Recoñécenselle á comisión poderes para ordenar e facer cumprir a través do seu presidente, investigacións sobre o funcionamento dos servizos; inspeccións das distintas unidades administrativas; así como requirir a comparecencia de calquera persoa pertencente ó colectivo da administración municipal que puidera dar información relacionada có asunto a investigar.
  • Tódolos órganos de goberno e da administración municipal están obrigados a colaborar coa Comisión de Suxestións e Reclamacións.
  • No exercicio das súas funcións, a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións aprobará e difundirá as recomendacións ou suxestións pertinentes, se ben non poderá modificar nin anular resolucións ou actos administrativos

Informe anual da Comisión

A Comisión de Suxestións e Reclamacións dará conta anualmente ao Pleno do Concello da xestión realizada nun informe que presentará perante o mesmo.

  • Neste informe anual dará conta do número e tipoloxía das suxestións e reclamacións dirixidas á administración municipal, das queixas presentadas, así como das deficiencias observadas no funcionamento dos servizos municipais, con exposición das suxestións ou recomendacións non admitidas pola administración municipal.
  • igualmente poderá avaliar o grao de cumprimento dos compromisos asumidos polo Concello en cartas de servizos ou de outros sistemas, así como formular recomendacións xerais para a mellora dos servizos públicos e a atención ó cidadán.
  • No informe anual nunca constarán os datos persoais dos implicados.
  • O presidente da Comisión exporá un resumo do informe ante o Concello Pleno, podendo intervir os grupos municipais a efectos de fixar a súa posición.
  • O informe será publicado.

A comisión poderá realizar informes extraordinarios cando a gravidade ou a urxencia dos feitos o aconselle.

Quén pode solicitar a súa actuación?

  • Tódolos cidadáns teñen dereito a presentar suxestións e reclamacións á Administración Municipal. Presentaránse no Rexistro Xeral, sendo recepcionadas e tramitadas pola oficina de Participación Cidadá. Esta remitirá mensualmente un listado de reclamacións ou suxestións á comisión, especificando o servizo afectado, trámites realizados e solucións adoptadas.
  • Cando un cidadán, transcorridos tres meses dende a presentación da suxestión ou reclamación non reciba contestación algunha ou cando a contestación non resultara satisfactoria, poderá dirixirse en queixa á Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións.
  • A comisión estudará as queixas procedentes, adoptando as medidas pertinentes. En todo caso informaráse das súas actuacións ó interesado no prazo máximo de tres meses dende a súa recepción.

Documentación

O REGULAMENTO ORGÁNICO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ foi aprobado polo Pleno do Concello o 7 de xullo de 2006, ao abeiro da Lei 57/2003 do 16 de decembro, denominado: Lei de medidas para a modernización do goberno local. No noso Regulamento establécense os dereitos e deberes das asociacións e entidades sen ánimo de lucro que teñen o seu domicilio social no termo municipal de Ourense.

Segundo o regulamento orgánico de participación cidadá considéranse entidades cidadás as asociacións constituídas para a defensa dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños previamente inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións, que estean tamén no rexistro municipal de asociacións do Concello de Ourense. Terán como obxectivo:

  • Mellorar a vida asociativa na cidade. Nos seus distritos e nos seus barrios, garantindo a convivencia solidaria e equilibrada sobre os asuntos políticos da súa cidade, desde o respecto e cumprimento da libre concorrencia de iniciativas pola cidadanía.
  • Garantir o acceso da cidadanía aos recursos e estruturas.
  • Garantir a solidariedade entre os distintos barrios e distritos do termo municipal.
  • Garantir o exercicio dos dereitos recoñecidos polo Regulamento de Participación Cidadá.
  • Coñecer por parte do Concello os datos máis importantes da sociedade civil da cidade, a representatividade das entidades, o grao de interese ou a utilidade cidadá das súas actividades.

Quen se pode rexistrar?

As entidades cidadás con domicilio social no municipio de Ourense, que estean acreditadas ante o Excmo. Concello de Ourense como asociacións, federacións, confederacións ou unións de asociacións de base, que cumpran os seguintes requirimentos:

  1. Ser entidades de carácter asociativo, sen ánimo de lucro, constituídas consonte ao Réxime Xeral de Asociacións.
  2. Ter a sede no municipio de Ourense.
  3. Ser como finalidade fundamental, (en acordo dos seus estatutos): a defensa, o fomento, a representación e promoción dos intereses xerais ou sectoriais da cidadanía e a mellora da súa calidade de vida.
  4. Que veñan realizando programas e actividades que redunden en beneficio dos cidadáns de Ourense.

Cómo rexistrar unha asociación?

Pódese realizar a solicitude de alta da asocicación a través do tramite de solicitude dispoñible na Sede electrónica municipal.

Prazos:

A resolución terá lugar no prazo de 3 meses, que se contarán a partir da data en que tivese entrada a solicitude de inscrición no rexistro que corresponda.

Información de interese:

Durante o ano, as asociacións e entidades públicas rexistradas no Rexistro municipal de Entidades Cidadás están obrigadas a notificar toda modificación que se produza nos datos inscritos, dentro do mes seguinte á modificación.

As entidades inscritas comunicarán ao Concello, no mes de xaneiro de cada ano:

  • Orzamento para o exercicio.
  • Programa de actividades.
  • Certificación actualizada do número de socios cos pagamentos correspondentes realizados.
  • Resultados e data das últimas eleccións para elixir aos seus órganos de goberno conforme cos estatutos de cada entidade.

O incumprimento das obrigas contempladas no Regulamento Orgánico de Participación Cidadá, suporá a apertura dun expediente que pode causar baixa no Rexistro de Entidades Cidadás, e á perda de dereitos vinculados a figurar formalmente inscrito no Rexistro de Entidades sen ánimo de lucro do Concello de Ourense.