Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
8 de decembro de 2021 - 20:56
A folga do servizo de limpeza e recollida de lixo, que ía comezar mañá, foi suspendida logo de que traballadores e empresa chegasen esta tarde a un acordo trala mediación do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen participou activamente nas negociacións. O alcalde e o presidente do comité de empresa, Francisco Álvarez, anunciaron a suspensión da folga, que se producía apenas 4 horas antes do remate da última xornada anterior ao inicio do paro no servizo.
Gonzalo Jácome valorou positivamente o acordo entre as partes e destacou a flexibilidade que amosaron, especialmente os traballadores “que tendo unhas pretensións iniciais adaptáronse bastante para chegar a un acordo coa empresa”. A partir de agora, traballadores e empresa iniciarán unha segunda fase de negociación doutros aspectos, que o alcalde agarda que “cheguen a un bo porto e se poida asinar”.
Francisco Álvarez, presidente do comité de empresa valorou positivamente o acordo, co que os traballadores “recuperamos poder adquisitivo” e agradeceu a participación do alcalde xa que, dixo, “se non fose pola súa mediación non sería posible este acordo”. Álvarez explicou que traballadores e empresa seguirán negociando agora temas como os asuntos propios, a contratación e a provisión de vacantes.