Relación de asuntos da xunta de goberno local de 09/09/2021

9 de setembro de 2021 - 10:16

A xunta de goberno local do Concello de Ourense tratou na súa sesión desta mañá 14 asuntos presentados polas diferentes áreas municipais


...

Licenzas (2)

  • Conceder licenza para a reforma interior dunha vivenda na rúa As Lagoas
  • Estimar o recurso de reposición dunha veciña en relación a unha licenza de obra na Avenida de Buenos Aires.

Aperturas (1)

  • Aprobar o proxecto de acondicionamento dun local para centro asistencial na rúa Gonzalez Cachamuiña, presentado por unha mutua

Disciplina (2)

  • Estimar o recurso de reposición interposto por dous particulares contra a liquidación definitiva dos gastos que implicou a execución das obras de demolición dunha vivenda na rúa Burata. O expediente retrotraerase ao momento de concesión do trámite de audiencia aos titulares do inmoble.
  • Declarar de oficio en situación de ruína un inmoble na rúa Ponte Lonia e acordar a demolición, que deberá executar a propiedade

Xestión Urbanística (1)

  • Aprobar, a pedimento dun particular, o proxecto de obras ordinarias de urbanización na rúa Ponte Loña. Previamente deberá solicitarlle autorización á Confederación Hidrográfica.

Patrimonio (6)

  • Requirir a tres condutores para que paguen indemnizacións por importe de 109,81; 85,14 e 93,43 euros ao Concello polos danos causados cos seus vehículos nun sinal vertical na rúa Antonio Faílde, nun fito de plástico na rúa Alvaro Cunqueiro e nun sinal vertical na rúa Coto Novelle, respectivamente. Nos tres casos son responsables solidarias as compañías aseguradoras.
  • Arquivar un expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial por lesións sufridas como consecuencia dunha caída na rúa do Paseo, porque a reclamación non reunía os requisitos legalmente esixibles e a interesada non atendeu o requrimento que se lle fixo para completala.
  • Corrixir un acordo de xunta de goberno do 12 de agosto sobre unha reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos causados nun colector de lixo na rúa Galicia. Corríxese un erro que aparecía no nome da persoa á que se lle notificará o acordo.
  • Estimar a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por un particular polos danos ocasionados no seu vehículo por uns traballos de roza realizados polo Concello nas inmediacións do xardín botánico. Os danos valóranse en 217,80 euros.

Asuntos Sociais (1)

  • Aprobar e dispoñer o gasto por importe de 4.770,44 euros por alugueiro de locais

Recursos Humanos (1)

  • Subsanar un erro de transcrición nun acordo da xunta de goberno do día 26 de agosto.