Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
27 de outubro de 2021 - 13:10
A Concellería de Tráfico e de seguridade Cidadá convocou esta mañá os centros educativos da cidade nas instalacións da Policía Local, na rúa Victoria Kent, para abordar os problemas de tráfico que se producen á entrada e á saída dos escolares.
Á reunión asistiron directores e representantes de Anpas, por un lado, os responsables da concellería de Educación, polo outro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha, e representantes da Policía Local, a intendente-xefa e o inspector principal
Durante o encontro acordouse estudar as propostas dos centros de ensino -que achegarán nos vindeiros 15 días- coa fin de coñecer a casuística diversa de cada caso concreto e as propostas para solucionalo. Con estes datos elaborarase un estudo pormenorizado, no que se incluirán solucións efectivas para evitar as aglomeracións, coa intención de poñer en marcha un plan específico logo das vacacións de Nadal.