Responsive image 07-10-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

Ourense conta desde hoxe cun Consello Municipal de Maiores, constituído esta mañá no Centro Cívico Colón

25 de outubro de 2021 - 13:04

A idea de Eugenia Díaz Abella, concelleira de Asuntos Sociais, é que este Consello sexa un órgano “participativo” e aberto ás entidades e organismos representantes de toda a cidadanía: que “todas acheguen suxestións e ideas para mellorar a calidade de vida dos nosos maiores”, di.


Imagen de noticia

A Concellería de Asuntos Sociais constituíu esta mañá o Consello Municipal de Maiores, presidido pola edil Eugenia Díaz Abella, o último da área social que quedaba pendente. O acto foi celebrado no Centro Cívico Colón, e contou coa presenza de grupos políticos representados no Concello de Ourense e de asociacións e de entidades do eido.

Para a concelleira Eugenia Díaz Abella, trátase “dun compromiso deste mandato”, pero “non queremos que se quede nun mero formalismo que cubra as reunións establecidas no regulamento”, di. A idea da responsable da área é que este Consello sexa un órgano “participativo” e aberto ás entidades e organismos representantes de toda a cidadanía. O obxectivo, resume, é que “todas acheguen suxestións e ideas para mellorar a calidade de vida dos nosos maiores”.