Ourense acollerá do 26 ao 28 de novembro o Campionato de España de atletismo master en pista cuberta

22 de novembro de 2021 - 13:23

O tenente de alcalde, Armando Ojea, e o concelleiro de Deportes, Mario Guede, asistiron á presentación da proba, que se desenvolverá nas instalacións de Expourense


Imagen de noticia

O tenente de alcalde, Armando Ojea, e o concelleiro de Deportes, Mario Guede, asistiron esta mañá á presentación do XXXII Campionato de España de atletismo máster en pista cuberta, que se desenvolverá desde o día 26 ao 28 de novembro nas instalacións de Expourense. Unha proba de “altísimo nivel”, subliñou Mario Guede, quen valorou moi positivamente que Ourense sexa sede desta competición “tanto desde o punto de vista deportivo como para a economía local, porque máis de 1.000 atletas coas súas familias estarán durante estes días en Ourense e coñecerán a nosa cidade”. O concelleiro de Deportes animou o público ourensán a que se achegue a Expourense do día 26 ao 28 de novembro para desfrutar desta gran competición deportiva.