O pleno do mes de outubro será o mércores, 6

21 de setembro de 2021 - 11:05

O Concello de Ourense celebrará o seu pleno do mes de outubro o mércores, día 6 no Auditorio


...

O Concello de Ourense celebrará o seu pleno do mes de outubro o mércores, día 6, no Auditorio. Aínda que as sesións ordinarias do pleno municipal se celebran o primeiro venres de cada mes, polo que correspondería realizala o día 1, nesta ocasión non será posible, xa que o espazo municipal estará cedido ese día polo Concello para a celebración do festival OUFF. En consecuencia, para non cambiar o espazo de celebración do pleno, a sesión de outubro será o día 6.