Responsive image 15-08-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

O Plan de limpeza dos barrios continúa esta semana nas Camelias

27 de agosto de 2019 - 07:52

Cinco ruas do barrio das Camelias seran obxecto maña, mercores, 28 de agosto e pasado maña, xoves, 29, do Plan de limpeza intensiva dos barrios da cidade que desenvolven o Concello de Ourense e a empresa concesionaria Ecourense. Seran, concretamente o segundo tramo da rua das Camelias (ate a Avenida de Portugal), as ruas Gaiteiro, Fiadeiro e Zanfona e a Praza do Magosto.


Imagen de noticia

Cinco rúas do barrio das Camelias serán obxecto mañá, mércores, 28 de agosto e pasado mañá, xoves, 29, do Plan de limpeza intensiva dos barrios da cidade que desenvolven o Concello de Ourense e a empresa concesionaria Ecourense. Serán, concretamente o segundo tramo da rúa das Camelias (até a Avenida de Portugal), as rúas Gaiteiro, Fiadeiro e Zanfona e a Praza do Magosto.

Durante dúas xornadas, desde as 23:00 horas do mércores, 28, até as 13:00 horas do xoves, 29, desenvolveranse accións de limpeza de beirarrúas, bordos, calzadas, alcorques, recollida de residuos, parques, zonas verdes, peonís, de xogos e demais espazos públicos. Tamén se traballará na limpeza de sumidoiros e enreixados e eliminación de pintadas, cartelería, adhesivos, etc.

O Concello de Ourense e a empresa Ecourense solicita a colaboración da veciñanza, e roga que desculpe as molestias que poidan ocasionar os traballos, que requirirán que as rúas afectadas teñan o estacionamento restrinxido nestas xornadas.