Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
27 de outubro de 2021 - 13:19
O Concello de Ourense organizará este domingo, 31 de outubro, a Noite do Medo, cunha programación de actividades que converterán o centro histórico da cidade nunha pasaxe do terror, con motivo do Halloween, con propostas para todas as idades.
A programación deseñada pola Concellería de Cultura comezará ás 18:00 horas co espectáculo infantil musical do grupo Gramola Gominola no Auditorio Municipal, con entrada libre e gratuíta, por orde de chegada, ata completar o aforo máximo de 918 persoas. A continuación, comezarán as actividades no Casco Vello, que se estenderán até a madrugada, coa participación de actores e grupos que representarán escenas de medo nas rúas e prazas do centro histórico da cidade.
A Gramola Gominola é unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo, formada por Paco Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas, Lacón con Grelos). O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deu centos de concertos poñendo ao público en pé cos cornos en man! Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil, ten tres libros-CD no mercado, publicados pola Editorial Galaxia.