O Concello valora trasladar aos sábados as feiras do 7 e do 17

17 de outubro de 2021 - 10:26

A idea do goberno local é impulsar a hostalaría e aproveitar o fluxo de visitantes que chegará á cidade no AVE a partir de decembro deste ano ou xaneiro de 2022 | O goberno local considera esta medida un “impulso para a hostalaría local, nunca unha competencia”, celebrando catro feiras cada mes


Imagen de noticia

O goberno local quere darlle un novo enfoque ás tradicionais feiras locais do 7 e do 17 de cada mes e valora celebralas todos os sábados. A idea é a de impulsar a hostalaría e aproveitar o fluxo de visitantes que chegará á cidade a partir de decembro deste ano ou xaneiro de 2022 no AVE desde Madrid.

Esta medida sería, en palabras do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, “un impulso para a hostalaría local, nunca unha competencia”, de forma que habería catro feiras ao mes e sumar un aliciente máis para ese perfil de turista de fin de semana que chegaría desde a meseta.