Responsive image 15-08-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

O Concello ultima a Cabalgata de Reis, que recuperará o seu formato tradicional percorrendo as rúas da cidade, sempre que a pandemia o permita

26 de novembro de 2021 - 11:42

As súas maxestades Os Reis Magos realizarán o clásico percorrido desde a estación de tren até a Praza Maior, cruzando a cidade, acompañados dunha ampla comitiva de animación e carrozas, saudando e agasallando con caramelos a cativada, sempre que a evolución da pandemia o permita


Imagen de noticia

O Concello de Ourense ultima os preparativos da Cabalgata de Reis, que o próximo día 5 de xaneiro recuperará o seu formato tradicional, percorrendo as rúas da cidade para ledicia da cativada, sempre que a evolución da pandemia o permita. As súas maxestades Os Reis Magos realizarán o clásico percorrido desde a estación de tren até a Praza Maior, cruzando a cidade, acompañados dunha ampla comitiva de animación e carrozas, saudando e agasallando con caramelos a cativada. Recuperarase asi o formato convencional pre-covid desta tradicional cita festiva.

En todo caso, a organización segue atenta á evolución da pandemia e ás restricións que as autoridades sanitarias puidesen ditar no futuro, e ten listo un Plan B. Se non se puidese realizar a rota polas rúas da cidade, os protagonistas do evento: As Súas Maxestades os Reis Magos e todos os artistas e a comitiva de animación que os acompañan manterían encontros co público noutra localización, que podería ser o Pavillón Municipal de Deportes dos Remedios ou o Auditorio Municipal, onde realizarían varios pases para cumplir coa súa cita anual co público ourensán

Amais dos Reis Magos, tamén Papá Noel cumplirá coa súa tradicional cita coa rapazada da cidade. Será cunha recepción e un espectáculo para a totalidade dos nenos e as nenas da cidade que o desexen.