Responsive image 27-05-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

O Concello reformulará os premios de poesía e narrativa para fomentar a creación literaria entre os estudiantes de Ourense

17 de xaneiro de 2022 - 10:42

Premiarán traballos realizados por nenos e mozos de Ourense


Imagen de noticia

O Concello de Ourense reformulará os premios literarios de narrativa e poesía que organiza, e os reorientará para fomentar a creación literaria entre os estudiantes da cidade. Até o de agora, o Concello de Ourense viña convocando dous certames: o premio Risco de Creación Literaria, no ámbito da narrativa e o premio Cidade de Ourense, no da poesía, abertos á participación de calquera autor ou autora que desexase presentar os seus traballos. O goberno municipal reformulará as bases, de xeito que nas súas próximas edicións estarán dirixidos a premiar traballos realizados por estudiantes de Ourense.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, explica que “queremos que os certames literarios do Concello sirvan para fomentar a creatividade e a práctica da literatura entre os estudiantes da cidade, tanto dos nenos e das nenas como de quen realizan estudios universitarios ou de Formación Profesional. E queremos facelo premiando traballos feitos en Ourense por mozos e rapaces de Ourense. O noso obxectivo é fomentar a creación literaria na nosa contona, non realizar certames que premian a persoas non vinculadas á cidade, que recibían un premio económico de nula repercusión e vendas”, asegura.

O alcalde avanza que, con esta finalidade, será a Concellería de Educación, e non a de Artes e Festexos, a que asuma a organización e desenvolvemento das próximas edicións destes certames literarios, para os que valora crear dúas categorías, en función das idades dos autores: unha para nenas e nenos e outra para mozos e mozas.