Responsive image 15-08-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

O Concello reestruturará as áreas de goberno para “aumentar a eficiencia dos recursos e o servizo á cidadanía”

31 de xullo de 2022 - 12:28

As 16 áreas actuais agruparanse desde a vindeira semana en só 10, que serán “moito máis operativas”, explica o alcalde, Gonzalo Jácome / O rexedor xestionará 4 áreas e 2 cada concelleiro do goberno municipal


Imagen de noticia

O Concello de Ourense reestruturará a vindeira semana as área de goberno. Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, que explica que seguirá o criterio polo que sempre tivo preferencia, “baseado nunha agrupación de cometidos coherente, que favorece empregados comúns e as sinerxias. Así, aumentará a eficiencia dos recursos e o servizo o cidadán”, explica o rexedor.

Gonzalo Jácome lembra que “hai uns meses xa se fixera un cambio parecido, aínda que con máis áreas, pero debido á oposición do PP e, para eliminar friccións no grupo de goberno, se volvera ao estado anterior”. Agora, detalla, o cambio consiste en que as áreas “non só se funden en áreas máis coherentes, senón que se agrupan, e pasan das 16 actuais a soamente 10, moito máis operativas”. Especialmente reseñable, indica, é o caso da área de servicios especiais “que agrupa a diversas áreas onde a carga de traballo individual nos departamentos era máis lixeira, de modo que se poden empregar traballadores noutros departamentos, equilibrando o Concello. É dicir, non podemos ter áreas saturadas e outras a medio gas na carga de traballo, é preciso equilibrar”, resume o rexedor. 

As 6 áreas actuales fundiránse en 10, do seguinte modo: 

- Alcaldía

- Administración xeral e loxística

- Contratación e avogacía consistorial

- Facenda

- Política social

- Seguridade cidadá e mobilidade

- Obras públicas, servizos urbanos e medio ambiente.

- Urbanismo, vivenda e patrimonio

- Servizos especiais. Esta área agrupará a todos os xefes de servizo e empregados, nunha mesma ubicación física de dependencias municipaís a partires de setembro.

- Deportes

Cada concelleiro do goberno municipal xestionará 2 áreas e o alcalde 4:

- Armando Ojea: Contratación/Avogacía e Facenda
- Antonio Fernández: Administración Xeral-Loxística e Urbanismo
- Telmo Ucha: Seguridade/mobilidade e Servicios Sociaís
- Gonzalo Jácome: Alcaldía, Obras Públicas/Medio Ambiente, Servizos Especiais e Deportes.

 

Os cambios serán operativos desde o xoves, 4 de agosto.

Máis información na Nota de prensa