Responsive image 15-08-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

O Concello recolle un premio a nivel nacional, a “Pajarita Azul”, pola súa excelencia na xestión da recollida selectiva de papel e cartón para reciclar

17 de febreiro de 2022 - 14:27

Na cidade, actualmente existen 371 contedores de papel e cartón -79 deles están no perímetro rural-. Desde a Concellería de Medio Ambiente púxose en marcha un novidoso servizo gratuito de recollida porta a porta para o comercio e cidadanía en todo o municipio, previa chamada


Imagen de noticia

O Concello de Ourense vén de ser recoñecido a nivel nacional pola súa excelencia na xestión da recollida selectiva de papel e cartón para reciclar co premio “Pajarita Azul”, sendo ademáis o único concello de Galicia en recibir distinción. Este recoñecemento súmase ao recibido o pasado 27 de xaneiro, no que a cidade foi unha das galardoadas nos, sendo os premios de referencia no municipalismo de España nos ámbitos ambientais do labor pública local.

Ourense, desta maneira, reafirma así a súa presenza no selecto grupo de cidades recoñecidas polo seu traballo en favor do benestar dos seus veciños baseado en políticas de sustentabilidade e respecto polo medio ambiente local.

Así, esta mesma mañá, o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, recolleu o premio “Pajarita Azul”, que concede cada ano ASPAPEL, a Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel y Cartón. O evento estivo presidido por Alfredo González Gómez, secretario de Estado de Política Territorial, e Elisabet Alier, presidenta de ASPAPEL. Tamén participou no acto de entrega Ismael Aznar, director general de Calidad y Evaluación Ambiental do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.

Jorge Pumar destaca que este novo recoñecemento a nivel nacional da xestión medioambiental da cidade, sendo a primeira vez que a cidade recibe este premio,  “anímanos a continuar no camiño correcto, facendo de Ourense unha cidade máis sostible e respectuosa co Medio Ambiente”.

Na cidade, actualmente existen 371 contedores de papel e cartón -79 deles están no perímetro rural-. Desde a Concellería de Medio Ambiente púxose en marcha un novidoso servizo gratuito derecollida porta a porta para o comercio e cidadanía en todo o municipio, previa chamada. No pasado ano 2021, foron 1.424,04 as toneladas recollidas de cartón e papel en Ourense.

En Pajaritas Azules 2022, o palmarés está integrado por un total de corenta e cinco entidades locais: Barcelona, Bilbao, Cáceres, Cádiz, Calvià, Ciudad Real, Córdoba, Coslada, Prat de Llobregat, Fuenlabrada, Getafe, Gijón, Granadilla de Abona, Lleida, Logroño, Mollet del Vallès, San Fernando, Sevilla, Soria, Valladolid, Vitoria-Gasteiz, Consorci de Residus i Enegia de Menorca, Consorcio Agrupación nº1 Huesca, Consorcio R. S.U. Ciudad Real, Deputación de Córdoba,, Mancomunidade da Comarca de Pamplona, Mancomunidade de Municipios da Costa do Sol Occidental, Mancomunidade de San Marcos, Burgos, Castelldefels, Dos Hermanas, Pinto, Reus, Salamanca, Segovia, Zaragoza, Consorcio de Augas e Residuos de La Rioja, Alcorcón, Las Rozas, Lorca, Málaga, Palma, Parla, Rivas-Vaciamadrid e Ourense, única cidade de Galicia recoñecida neste palmarés. As corenta e cinco entidades locais galardoadas suman máis de dez millóns de habitantes que, a pesar da pandemia, mantiveron o seu compromiso coa reciclaxe.

A presidenta de ASPAPEL, Elisabet Alier asegurou na entrega de premios que “hoxe temos ante nós un gran reto: o desafío de mellorar a eficiencia dos sistemas de recollida separada e de adaptalos aos novos hábitos de consumo. E só o traballo conxunto de todos cantos hoxe estamos aquí —ministerio, concellos e industria— permitirá que o noso país poida alcanzar os novos e ambiciosos obxectivos de recollida separada e reciclaxe dos residuos municipais”.

Que é o Programa “Pajaritas Azules”

Pajaritas Azules” é un programa anual de asesoramento, avaliación e recoñecemento da calidade da xestión municipal da recollida selectiva para a reciclaxe de papel e cartón, enfocado á mellora continua desenvolto por ASPAPEL.

A avaliación baséase en 21 indicadores, que se valoran segundo baremos establecidos e analizan todo o referente á recollida do contedor azul e recollidas complementarias, as campañas e accións de información e concienciación cidadá, os aspectos relativos á regulación e a planificación da xestión e os resultados e trazabilidade ata a reciclaxe final.

A calidade do material recollido é esencial para o peche do círculo como elemento fundamental da economía circular do papel e a descarbonización. Por iso, para poder optar a ser recoñecido con calquera dos tres niveles de “Pajaritas Azules”, é necesario dispoñer dun procedemento de control e mellora da calidade e que a media de impropios sexa polo menos igual ou inferior a 10% en peso seco.

As entidades locais que cada ano distínguense pola súa excelencia obteñen unha, dúas ou tres Paxarelas Azuis, segundo un baremo obxectivo e a partir dos resultados obtidos na avaliación. A avaliación anual de cada concello ou agrupación de concellos vai acompañada de asesoramento técnico con recomendacións de mellora. E en función dos seus resultados nas sucesivas edicións anuais de “Pajaritas Azules”, as entidades locais manteñen, incrementan ou perden as “pajaritas” obtidas o ano anterior.