O Concello programa en novembro no Auditorio un tributo a ABBA e a obra teatral 'A Lingua das Bolboretas'

13 de outubro de 2021 - 13:25

Dancing Queen ABBA Show xa percorreu 50 países | O espectáculo de Sarabela foi o grande vencedor dos XXV Premios de Teatro María Casares: mellor espectáculo, mellor adaptación / tradución, mellor actor secundario e mellor director | A maiores, o sábado 6 haberá un espectáculo musical para todos os públicos ambientado nunha película de Disney | Entradas en ataquilla.com


...

O Auditorio Municipal presenta as actividades deste espazo municipal para o mes de novembro de 2021

Un espectáculo para todos os públicos que leva tres anos percorrendo os principais auditorios e teatros do país. 150.000 espectadores xa puideron gozar del. Baixo a dirección de Pedro Pomares, o espectáculo versa ao redor das cancións da película de Disney ademais de coreografías e voces de excepción de todos os seus intérpretes en rigoroso directo, así como decorados e vestiario baseados na película. Prezo da entrada: 16 euros
 

Abborn é unha formación musical procedente de Eslovaquia que leva dende 1999 percorrendo países de todo o mundo -máis de 50- cun tributo ao grupo sueco ABBA. No show cóidase a estética con numerosos cambios de vestiario, réplicas dos orixinais.

Prezo da entrada: 10 euros
 

A través da entrañable relación que manteñen o mestre Don Gregorio e o neno, vanse descubrindo paulatinamente ante o espectador a beleza das realidades cotiáns que pasan inadvertidas facendo partícipe ao receptor da historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e o sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas. Esta obra foi a grande vencedora dos XXV Premios de Teatro María Casares: mellor espectáculo, mellor adaptación / tradución -Fernando Dacosta e Gonçalo Guerreiro-, mellor actor secundario -Fran Lareu- e mellor director -Gonçalo Guerreiro-.

Intérpretes: Elena Seijo, Josito Porto, César Goldi, Fernando Dacosta, Fran Lareu, Sabela Gago e Fina Calleja.

Dirección e Dramaturxia: Gonçalo Guerreiro

Autor: Manuel Rivas

Versión: Fernando Dacosta

Prezo da entrada: 8 euros