Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
12 de novembro de 2021 - 12:36
A Concellería de Infraestruturas mobilizou 25 proxectos no rural da cidade de Ourense logo da aprobación da modificación orzamentaria proposta polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. Cun investimento aproximado de 700.000 euros, comezarán nos vindeiros días traballos de asfaltado, reparación de camiños, muros de contención e acondicionamento de accesos.
As obras executaranse entre finais deste ano 2021 e principios do 2022, dándolle continuidade á liña de actuación de investimento en infraestruturas no rural que o Concello está a realizar nos últimos tempos. Neste sentido, está previsto seguir realizando obras de mellora durante os anos 2022 e 2023 na procura de satisfacer as necesidades da veciñanza que habita nestes núcleos.