Responsive image 27-05-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

O Concello organiza este Nadal unha nova edición do programa de actividades infantís Espazo Coeduca

13 de decembro de 2021 - 12:59

Trátase dun programa de lecer que pretende axudar a conciliar os tempos das familias, e desenvolverase do 22 de decembro ao 7 xaneiro, de 9:00 a 14:00 horas | Inscrición: desde o mércores, 15, con cita previa telefónica (672780515) | Organizado pola Concellería de Igualdade, está subvencionado polo Ministerio de Igualdade - Pacto de Estado.


Imagen de noticia

O Concello de Ourense organiza unha nova edición do programa de actividades de lecer infantil Espazo Coeduca, destinado a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos, que se desenvolverá do 22 de decembro ao 7 de xaneiro en horario de 9:00 a 14:00 horas. Trátase dun programa de lecer infantil para axudar a conciliar os tempos das familias, e está subvencionado polo Ministerio de Igualdade - Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

As familias interesadas poderán anotarse desde pasado mañá, mércores, 15 de decembro, solicitando cita previa telefónica, chamando ao número 672 780515. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición.

Espazo Coeduca. A Concellería de Igualdade conta desde 2012 co Espazo Coeduca, un lugar de referencia para desenvolver programas socio-educativos que permitan conciliar os tempos laborais, familiares e persoais das ourensás e os ourensáns. Na rúa do Ensino, número 2-4, conta cunha ampla sala dotada de xoguetes, películas, contos, libros e xogos educativos e material didáctico para nenas e nenos, coidadosamente seleccionados de cara a garantir un correcto tratamento non sexista dos seus contidos e usos.

Ofrécese un espazo que fomente a educación equitativa e igualitaria en liberdade e a convivencia coa diversidade, promovendo un modelo coeducativo onde non teña cabida ningún tipo de discriminación.