Responsive image 02-07-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

O Concello organiza, do 10 ao 21 de novembro, unha nova edición do Concurso de Pinchos – Sabores de Ourense

4 de novembro de 2021 - 12:17

As datas son o mellor complemento ao ciclo festivo da cidade: o Magosto, declarado de Interese Turístico, as festas patronais ou a carreira pedestre popular do San Martiño | Os pinchos están elaborados con cogomelos e - ou castañas, materias primas frescas e de tempada, e os prezos oscilan entre 2 e 3 euros | Toda la información: http://saboresdeourense.turismodeourense.gal/


Imagen de noticia

O Concello presentou o menú gastronómico para o Outono na cidade: a décimo terceira edición do concurso de Pinchos – Sabores de Ourense, que do 10 ao 21 de novembro presentará, a través de 37 establecementos repartidos por toda a cidade, as mellores propostas para enxalzar o produto local. As datas son o mellor complemento ao ciclo festivo da cidade -o Magosto,  declarado de Interese Turístico, as festas patronais ou a carreira pedestre popular do San Martiño-, e un pulo ao turismo logo dunha temporada complexa marcada polas vicisitudes da pandemia, en palabras da concelleira de Turismo, Flora Moure.

Nesta edición participarán 37 establecementos -15 deles fano fano por primeira vez-, e malia que a grande parte da oferta se concentra no centro histórico, haberá unha notable participación de establecementos espallados por diferentes barrios da cidade. Javier Outomuro, presidente da Unión de Hostaleiros de Ourense (UHO), quixo agradecer “a implicación destes locais” que amosan que o sector da hostalaría supera con forza “dous anos moi duros”. Flora Moure, pola súa banda, salientou “o atractivo turístico” que supón o concurso neste Outono ourensán, que xa deu comezo coa presenza en Xantar (3/7 de novembro) do restaurante Sabores de Ourense.

Os pinchos estarán elaborados con cogomelos e / ou castañas, materias primas frescas e de tempada, buscando potenciar os produtos locais, e os seus prezos oscilarán entre os 2 e os 3 euros. Entre as tendencias desta tempada destacan as receitas elaboradas con porco, os pinchos doces e os que precisarán de culler. Ademais, até 19 establecementos ofrecerán pinchos aptos para celíacos.

Os premios oficiais do concurso son os 3 outorgados polo xurado profesional, os 3 concedidos polo público -que, como novidade, este ano deberá selar 4 veces as tarxetas do Concurso- e o Premio Pincho Celíaco, outorgado pola delegación ourensá da Asociación Galega de Celíacos.

Para incentivar a participación, haberá numerosos premios entregados por establecementos colaboradores, propostas de maridaxe con viños da DO Ribeiro, e mesmo un concurso a través das redes sociais para premiar as mellores fotos.

Pódese atopar toda a información sobre locais e pinchos no espazo web habilitado no portal da Concellería de Turismo:
http://saboresdeourense.turismodeourense.gal/