O Concello mellorará o acceso rodado á Abeleda (Beiro) coa pavimentación do Camiño do Tellado

28 de setembro de 2021 - 10:26

As obras darán comezo o 1 de outubro, cun orzamento de 26.601 euros.


Imagen de noticia

O Concello comezará o 1 de outubro o arranxo do Camiño do Tellado, unha vía de titularidade municipal emprazada no núcleo da Abeleda -Beiro- e que dá acceso rodado a diversas vivendas unifamiliares. Con esta actuación preténdese darlles unha saída pavimentada aos vehículos e usuarios da zona. A duración estimada da obra será de catro (4) semanas, e contará cun orzamento de 26.601,85 euros.

A actuación producirase nunha lonxitude de camiño duns 70 metros, e desenvolverase en catro fases:

1) Roza e limpeza de bordos con medios mecánicos e preparación de caixa de camiño cun ancho medio de 5,5 metros de ancho en toda a lonxitude do camiño para acondicionar nuns 70 metros de lonxitude.

2) Estendido e compactado para base de acondicionamento previo, con preparación de cunetas para evacuación de augas pluviais e formación de pendentes necesarias.

3) Execución de estendido e colocación de malla de ferro para armado de soleira de acabado de camiño.

4) Subministración e estendido con acabado de formigón H25 con 15 cm. de espesor medio, en todo o ámbito do camiño preparado, para pavimentación rodada do mesmo, con p. p. de execución de xuntas de dilatación en corte cada 5 metros con medios mecánicos.