Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
25 de novembro de 2021 - 14:28
O Concello de Ourense levará a cabo programación propia no Auditorio Municipal e porá o recinto á disposición daquelas compañías profesionais que desexen actuar en Ourense a cambio dos ingresos que obteñan pola venda de entradas. Non apoiará as próximas edicións da MOTI (Mostra de Teatro Infantil de Ourense) nin a MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario) debido “á baixa afluencia de público destas dúas mostras nas súas últimas edicións”, asegura o goberno municipal.
O goberno local é partidario de elaborar unha programación propia de actividades culturais para o espazo municipal, á que se unirán os espectáculos de compañías profesionais que desexen representar as súas obras en Ourense que veñan a taquilla, buscando unha alta afluencia de público nas diferentes actividades que se leven a cabo. “Queremos encher o Auditorio”, aseguran.
No caso da MOTI, ademais, un informe xurídico puxo de manifesto reparos á participación do Concello nesta actividade ao entender que podería tratarse dunha “subvención encuberta”, que non sería unha fórmula axeitada para o seu financiamento.