Responsive image 27-05-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

O Concello inicia as obras de mellora do firme na contorna da Igrexa nova de Velle

16 de novembro de 2021 - 09:53

Os traballos terán unha duración dunha semana, e contarán cun orzamento de máis de 6.000 euros


Imagen de noticia

O Concello iniciará este venres os traballos de mellora do firme na contorna da Igrexa nova de Velle, unhas obras que terán unha duración aproximada dunha semana e que contarán cun orzamento de 6.368,11 euros.

O obxecto destas actuacións é o de reparar o firme da rúa anexa á Igrexa Nova de Velle, limpando o pavimento e saneando a pedra cun estendido de 5 cm de espesor dunha mestura bituminosa en quente. Actuarase sobre unha superficie de 180 metros cadrados.