Responsive image 27-05-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

O Concello ensanchará as beirarrúas da rúa Madre Soledad de la Cruz para mellorar a seguridade viaria na contorna do colexio Divino Mestre

15 de outubro de 2021 - 10:27

O Concello de Ourense mellorará a seguridade viaria na rúa Madre Soledad de la Cruz, no barrio do Vinteún, executando un proxecto de ensanche de beirarrúas na contorna do colexio Divino Mestre. O alcalde Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, encargoulle esta mañá ao Servizo de Infraestruturas que leve a cabo as obras con carácter inmediato.

Imagen de noticia

Con este proxecto, o goberno municipal pretende atender a demanda da veciñanza ao tempo que avanzar no programa de desenvolvemento de actuacións de humanización e mellora da seguridade viaria que desenvolve o Concello, neste caso pensando en mellorar as condicións de uso desta rúa por parte dos peóns e moi especialmente por parte dos nenos que acoden cada día a este colexio.

O proxecto desenvolverase no tramo máis próximo ao centro, na beirarrúa pola que se accede a este, e no tramo da outra beirarrúa situado xunto o paso de peóns.