Responsive image 07-10-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

O Concello dotará de tests de antíxenos os seus servizos esenciais para evitar riscos e previr contaxios de COVID19

7 de decembro de 2021 - 13:49

Os concelleiros de Seguridade Cidadá e Asuntos Sociais acordaron activar medidas preventivas para frear o impacto da pandemia


Imagen de noticia

O Concello de Ourense dotará de tests de antíxenos os seus servizos esenciais para evitar riscos e previr contaxios de COVID-19. Asi o acordaron esta mañá os concelleiros de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha, e Asuntos Sociais e Saúde, Eugenia Díaz Abella, tras unha xuntanza con representantes de Policía Local, Bombeiros e Protección Civil.

O encontro tiña como finalidade implementar medidas de prevención para evitar ou conter na medida do posible o impacto da COVID no Concello de Ourense, e moi especialmente en servizos esenciais, como son os corpos de seguridade da cidade (Policía Local, Bombeiros e Protección Civil), ou equipamentos de asistencia social como o Fogar do Transeúnte.

A reunión foi convocada para analizar a situación actual, na que se constata a evolución da pandemia, que aumenta o número de casos activos, e detectarse casos en áreas esenciais do Concello, como o corpo de bombeiros, onde se deron 5 positivos, que supoñen “unha merma considerable no persoal deste servizo básico do Concello”; explicou Telmo Ucha

Estamos activando medidas de prevención para evitar contaxios e moi especialmente en servizos que son esenciais para a comunidade, onde non nos podemos permitir mermas importantes”, explica o concelleiro Telmo Ucha, que aposta por actuar desde a prevención: “ Queremos que ante a menor dúbida, se poida detectar un positivo o antes posible e garantir que se poida seguir dándolle un bo servizo aos nosos veciños”, asegura o edil de Seguridade Cidadá.