O Concello de Ourense pon en marcha a súa aplicación móbil, en fase de probas e recollida de suxestións

26 de novembro de 2021 - 09:48

Foi deseñada e desenvolvida polo director xeral de Innovación e o equipo do Centro, con custo cero para o Concello / O Concello convida a veciñanza a darse de alta para utilizala e achegar as súas suxestións para mellorar a app antes da súa versión final


Imagen de noticia

O Concello de Ourense xa ten a súa propia aplicación móbil. Deseñada polo director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial e o equipo do Centro, inicia unha fase de probas, na que todas as persoas que o desexen poderán darse de alta como usuarias, coñecer as súas prestacións e achegar as súas suxestións, que serán tidas en conta para realizar a versión final. Por agora, esta fase beta está dispoñible na páxina web do Concello, no enderezo App Concello de Ourense

A realización desta nova aplicación tivo un custo cero para o Concello de Ourense, xa que foi deseñada e desenvolvida integramente por personal propio, sen necesidade de contratar empresas especializadas, como habitualmente fan outras cidades. No caso de Vigo, recentemente abonou case 200.000 euros por unha app similar.

A aplicación pretende facilitar unha canle de comunicación coa cidadanía, e proporcionar información, axuda e noticias sobre a cidade, nunha soa aplicación. Conta con apartados como, entre outros:

  • eGoberno: Para conectar con todos os departamentos e áreas do goberno local

  • Cultura: Para coñecer e ter a un clic os próximos eventos culturais

  • eOficina365: Para acceder a documentación oficial, escritos e notificacións ao instante

  • Turismo: Para coñecer atractivos turísticos, patrimonio, roteiros e gastronomía

O deseño final incluirá suxestións achegadas pola cidadanía. Por este motivo, o Concello convida a todas as persoas que o desexen a que ingresen no programa de probas e participen no proceso. Unha vez completada, a aplicación estará dispoñible en Google Play e App Store.