O Concello contempla programar espectáculos infantís todos os domingos no Auditorio municipal desde 2022

20 de novembro de 2021 - 13:30

Será nun día e nunha hora estable para facilitar a difusión da programación e fidelizar o público / O Concello desenvolverá tamén este modelo desde 2022 coa feira da cidade, que pasará a ser sempre en sábado

Imagen de noticia

O Concello de Ourense contempla programar espectáculos dirixidos ao público infantil e familiar de forma estable todos os domingos, sempre que as restricións motivadas pola pandemia da COVID19 o

O Concello de Ourense contempla programar espectáculos dirixidos ao público infantil e familiar de forma estable todos os domingos, sempre que as restricións motivadas pola pandemia da COVID19 o permitan. O goberno municipal é partidario de que estes espectáculos conten cunha data e hora fixa, que sirvan de referencia para as familias, e faciliten a comunicación e publicidade das obras que se representen e contribúan a fidelizar os espectadores. “Queremos que sempre haxa un día e unha hora fixa, para que se converta nunha cita clásica e se produza unha maior afluencia de público”, asegura o goberno municipal. Esta fórmula implementarase a partir de 2022.

Trátase dun modelo que o Concello desenvolverá tamén na feira da cidade. Ata agora, esta actividade víñase desenvolvendo os días 7, 17 e 26, de cada mes, unhas datas que cambiaban en caso de coincidir en días festivos, Desde 2022, serán sempre os sábados. Tamén neste caso, explica o goberno local, “buscamos a estabilidade na data de xeito que sexa máis rendible a nivel publicitario e contribúa a incrementar a afluencia de público”.

Horario de mañá ou tarde

O Concello estudia cal sería o horario máis axeitado para a programación infantil do Auditorio: mañás ou tardes. Neste senso, lembra o goberno municipal que “detectamos que moitas compañías profesionais programan máis de tarde. En Ourense antes facíase polas mañás e a afluencia non era demasiado grande e en pandemia as cifras foron moi pequenas, polo que valoramos que sexan de tarde para conseguir máis público”.

permitan. O goberno municipal é partidario de que estes espectáculos conten cunha data e hora fixa, que sirvan de referencia para as familias, e faciliten a comunicación e publicidade das obras que se representen e contribúan a fidelizar os espectadores. “Queremos que sempre haxa un día e unha hora fixa, para que se converta nunha cita clásica e se produza unha maior afluencia de público”, asegura o goberno municipal. Esta fórmula implementarase a partir de 2022.