Responsive image 15-08-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

O Concello completa o peche do exercicio contable en abril por primeira vez en 10 anos

25 de abril de 2022 - 11:25

O alcalde valora positivamente este paso e subliña que “o Concello é máis áxil, está desoxidándose, e cada vez está funcionando mellor a maquinaria”


Imagen de noticia

O Concello de Ourense completou no día de hoxe o peche da contabilidade municipal do ano 2021. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome valorou moi positivamente este paso, dado que é “a primeira vez en 10 anos que o exercicio contable se pecha no mes de abril, xa que en anos anteriores se realizaba máis tarde”.

O peche da contabilidade dota de axilidade á xestión municipal, permite dar resposta a proxectos e necesidades da cidade, xa que fai posible, entre outras cousas, establecer o remanente de tesourería co que conta o Concello, abordar os grandes proxectos estratéxicos que estaban pendentes do ano anterior en materia de obras e servizos, e realizar as modificacións orzamentarias que sexa necesarias. “O concello é máis áxil, está desoxidándose, e cada vez está funcionando mellor a maquinaria”, concluíu o alcalde de Ourense.