O Concello avalía as propostas realizadas polos colexios para evitar problemas de tráfico ás horas de entrada e saída

22 de novembro de 2021 - 20:48

Logo da xuntanza mantida o pasado día 27 de outubro  na Xefatura da Policía Local, entre a Administración, a Policía Local e os centros educativos da cidade, o Concello avalía as propostas presentadas polos colexios para buscar solucións efectivas que eviten a problemática de tráfico nas horas de entrada e saída do alumnado.


Imagen de noticia

Logo da xuntanza mantida o pasado día 27 de outubro  na Xefatura da Policía Local, entre a Administración, A Policía Local e os centros educativos da cidade, sendo convidados a achegar propostas concretas ante a problemática de tráfico na contorna dos colexios, e unha vez recollidas diversas propostas dalgúns deles na Concellería de Educación do  Concello de Ourense, desde hoxe, avaliaranse e estudarán as ditas propostas para buscar solucións efectivas que eviten a problemática de tráfico nas horas de entrada e saída do alumnado.

Os centros educativos que enviaron propostas son:

  • CPR María Auxiliadora
  • CPR Maristas
  • CPR San Pío X
  • CEIP Curros Enríquez
  • CEIP de Prácticas
  • CEIP Amadeo Rodriguez Barroso
  • CPR Josefinas
  • CPR Luis Vives
  • CPR Divina Pastora
  • CEIP Virxe de Covadonga

Ademais da Federación de ANPAs de colexios privados e concertados de Ourense