Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
14 de outubro de 2021 - 17:51
Una xunta de goberno local aprobou, na sesión celebrada esta mañá, o expediente para una contratación do Proxecto de humanización da Rúa Concordia, unaha obra que suporá un investimento de 4.646.435,97 euros (IVE engadido). “Mil obstáculos e informes despois, esta mañá demos luz verde para licitar o primeiro sistema de mobilidade mecánica en Ourense cidade”, aseguraba o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, á saída da reunión.
Trátase dun proxecto que dotará a cidade de 7 ramplas mecánicas ea humanización completa da rúa Concordia, "que será de plataforma única, con arboredo, luminaria, e que luego terá cámaras de tráfico para controlar o acceso restrinxido de vehículos", en palabras do rexedor .
“ As ramplas -tecnicamente corredores mecánicos ao non superar os 6 graos de inclinación-, serán un dos elementos mecánicos de mobilidade vertical máis usados nas rúas de España, máis aínda que os da Gran Vía de Vigo”, explica Pérez Jácome, “xa que os corredores de Ourense son na perpendicular á rúa principal da cidade, e será a primeira parte dun eixo que complementaremos ata San Francisco”, di.
“ A obra de Concordia”, afirma o alcalde, “sairá a concurso a vindeira semana, e logo de presentar e de avaliar propostas, esperamos poder adxudicar empresa gañadora en decembro, de modo que as obras comezarían en marzo do ano 22 e rematar en xaneiro do 23, para a súa estrea ao servizo cidadán ”. Cunha ollada a curto prazo, o rexedor anuncia que o "vindeiro elemento a licitar será o ascensor ao barrio da Cruz Alta, en tres semanas", asegura.
Outros asuntos
Na mesma sesión, una xunta de goberno local ratificou o horario laboral fixado polo alcalde e polas centrais sindicais.
O goberno municipal deu conta dun total de 19 asuntos achegados por diferentes áreas e servizos municipais.