Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
23 de decembro de 2021 - 11:03
A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión desta mañá a concesión de subvencións nominativas a tres entidades que desenvolven o seu labor no ámbito sociosanitario na cidade:
Asociación Comité Cidadán Anti-SIDA de Ourense, para o financiamento do Programa de Redución de Riscos en Usuarios de Drogas por Vía Parenteral para o exercicio 2021. Importe: 25.000 euros
Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home Galicia, para o financiamento do proxecto educativo - terapéutico de actividades de rehabilitación e reinserción en réxime residencial de conductas aditivas para persoas con adiccións correspondente ao exercicio 2021, por 25.000 euros
Asociación de Axuda ao Toxicómano (ATOX) para o financiamento do desenvolvemento do Programa de Piso de Acollida para a Incorporación Social correspondente ao exercicio 2021. Importe: 25.000 euros
Na mesma sesión, a xunta local tratou 17 asuntos presentados polas diferentes áreas e servizos municipais.
Entre eles, adxudicou o servizo de redacción do proxecto de humanización das rúas Ánxel Barxa Compositor, Mestre Vide, Eduardo Blanco Amor e Alfonso Rodríguez Castelao. Será realizado por L2 Ingeniería y Consulting Galicia por un importe total de 37.653,14 €,