O Concello abrirá o día 13 o prazo de inscrición nas actividades infantís dos centros cívicos

6 de setembro de 2021 - 12:50

As actividades son gratuítas, están dirixidas a escolares de Educación Infantil, Primaria e ESO empadronados en Ourense e realizaranse nos 5 centros cívicos do Concello


Imagen de noticia

O Concello iniciará o día 1 de outubro a programación de actividades infantís que organiza nos centros cívicos municipais. As familias interesadas poderán solicitar praza desde o próximo luns, 13 de setembro a través da páxina web da https://www.ssociaiscursos.com/ 

As actividades son gratuítas, están dirixidas a escolares de Educación Infantil, Primaria e ESO empadronados en Ourense e realizaranse nos 5 centros cívicos: Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo. Hai tres propostas:

  • Actividades semanais, de luns a venres, de 17:30 a 20:00 horas, para nenas e nenos quen nacesen entre o 2012 e o 2018, ambos incluídos.

  • Actividades dos sábados de 10:30 a 13:00 horas, para nenas e nenos de Educación Infantil e Primaria

  • Apoio Escolar, no Centro Cívico Colón, 3 días á semana, para nenos e nenas dende 5º de EP a 2º de ESO

Debido ás restricións sanitarias haberá so un grupo de 6 persoas, incluído o monitor ou monitora por centro. Por este motivo neste curso só haberá a opción de elixir as Actividades Semanais por días e o reparto será en función da demanda, con tres quendas: (quenda 1 os luns e mércores, quenda 2 os martes e xoves e quenda 3, os venres).

O prazo de inscrición será do día 13 de setembro ás 9:00 horas da mañá ata o 19 de setembro as 00:00 horas. A admisión nas quendas será por orde de entrada e orde de preferencia. As prazas aumentarán ata un máximo de 10 participantes incluído o monitor ou monitora a medida que se levanten as restriccións.

Toda a información en https://www.ssociaiscursos.com/