O Auditorio amplía a 820 localidades o seu aforo coa nova normativa da Xunta fronte á COVID

8 de outubro de 2021 - 12:05

A nova normativa establece que “as actividades en cines, teatros, auditorios e espazos similares, e en establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas con público sentado poderán desenvolverse sen superar o noventa por cento da capacidade permitida”.


...

O Auditorio Municipal de Ourense poderá completar até o 90% do seu aforo e dispoñer de 820 localidades para os seus espectáculos, como consecuencia da entrada en vigor da última normativa de medidas de prevención fronte á COVID ditada pola Xunta de Galicia: a orde do día 7 de outubro da Consellería de Sanidade, que se publica no Diario oficial de Galicia de hoxe .

A nova normativa establece no seu artigo número 3.21 que:

Como actividades en cines, teatros, auditorios y espazos similares, e en establecementos aplicados a espectáculos públicos e actividades recreativas con público sentado poderán desenvolverse sen superar o noventa por cento da capacidade permitida”.

Ademais, cando non sexa posible manter a distancia interpersonal de seguridade (mínima de 1,5 metros) entre persoas non conviventes, non se permitirá o consumo de alimentos y bebidas. Si estará permitido o consumo de alimentos y bebidas cando se trate de persoas conviventes que garden a distancia interpersonal de seguridade con respecto ás non conviventes con elas.