O alcalde volverá presentar á aprobación do próximo pleno o cambio de uso da parcela da estación de autobuses, dadas as ausencias na sesión de hoxe

14 de setembro de 2021 - 14:51

O rexedor explica que presentará a proposta de novo, ante o pleno do ordinario do mes de outubro, dadas as ausencias dos concelleiros que se produciron na sesión desta mañá.


...

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome volverá presentar a aprobación por parte do pleno do Concello a proposta de modificación puntual do Plan de Urbanismo na parcela da antiga estación de autobuses que non saíu adiante no pleno desta mañá ao non obter a maioría absoluta do Pleno (14 votos).

A proposta de acordo recibiu 13 votos a favor, dos concelleiros dos grupos que forman o goberno municipal (DO e PP), o edil de Ciudadanos, e os non adscritos Miguel Caride e Laureano Bermejo. Non asistiron á sesión os outros 3 edís non adscritos e se abstiveron os edís de PSdeG-PSOE e BNG. En consecuencia, a proposta non saiu adiante ao non alcanzar os 14 votos necesarios

O rexedor explica que presentará a proposta de novo, ante o pleno do ordinario do mes de outubro, dadas as ausencias dos concelleiros que se produciron na sesión desta mañá.

A proposta prevé o cambio de uso da parcela emprazada na estrada de Vigo, 1B, antigamente destinada a estación de autobuses de Ourense, coa finalidade de que pase a ter os usos de sistema xeral de equipamento asistencial, onde se construirá unha residencia para persoas maiores por parte da Fundación Amancio Ortega, sistema local de equipamento deportivo e sistema local de zonas de esparexemento e parques.