Responsive image 07-10-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

O alcalde recibe aos participantes dos campamentos urbanos de Galicia que se xuntaron na cidade

3 de agosto de 2022 - 13:41

Esta mañá tivo lugar a xuntanza dos campamentos da Federación Don Bosco de Galicia coincidindo coa 35ª edición do Campamento Urbano de Ourense


Imagen de noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá aos participantes dos campamentos urbanos de Galicia. Máis de cincocentos rapaces e rapazas pertencentes ao Campamento Urbano da cidade, e tamén procedentes das cidades de Santiago e Coruña, no encontro da Federación Don Bosco de Galicia.

O alcalde desexoulles que desfrutaran a estancia no campamento así como o verán, e lembrou que ata o vindeiro 7 de setembro, está aberta a campaña de agasallo de libros para a rapazada, promovida polo Concello.

O Campamento Urbano de Ourense está organizado pola Asociación Xuvenil Amencer e acada neste 2022 a súa 35ª edición. Desenvólvese entre os días 1 e 11 de agosto, e está dirixido a mozas e mozos de entre 8 a 16 anos.