O alcalde recibe a vixente campioa de España de Lanzamento de Martelo sub-18, Blanca Pereira Rubín

15 de setembro de 2021 - 12:15

Blanca Pereira desprazarase este ano ao Centro Galego de Alto Rendemento e Tecnificación Deportiva de Pontevedra,


...

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá na Alcaldía a atleta Blanca Pereira Rubín, campioa de Lanzamento de Martelo (3k) na categoría sub-18 no Campionato de España de Atletismo ao aire libre celebrado en Huelva o pasado mes de xullo cunha marca de 57,82 metros.

Integrante do Club Atletismo Ourense, Blanca Pereira cursa primeiro curso de Bacharelato. Este ano desprazarase ao Centro Galego de Alto Rendemento e Tecnificación Deportiva de Pontevedra, onde atopará un espazo no que compaxinar a súa actividade lectiva coa deportiva.

Pé de foto: O alcalde de OUrense, Gonzalo Pérez Jácome, acompañado de Blanca Pereira e de José Antonio Álvarez, presidente do Club Atletismo Ourense