O alcalde pediralle explicacións á concelleira de Igualdade por ignorar as súas indicacións sobre actividades na Carreira de San Martiño

16 de novembro de 2021 - 14:01

Gonzalo Jácome pediralle explicacións á concelleira Eugenia Díaz Abella, logo de que a Concellería de Política Social e Igualdade non atendese as indicacións realizadas desde a Alcaldía en relación á realización de actividades de promoción da muller no marco da Carreira de san Martiño 2021


Imagen de noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, pediralle explicacións á concelleira Eugenia Díaz Abella, logo de que a Concellería de Política Social e Igualdade non atendese as indicacións realizadas desde a Alcaldía, en relación á realización de actividades de promoción da muller no marco da Carreira de san Martiño 2021. O alcalde encomendoullas o pasado venres, día 12 de novembro, a través dunha providencia e dunha mensaxe de correo electrónico dirixido á concelleira, polo que non entende que días despois, a edil diga publicamente que non as coñece. O alcalde non atopa explicación e se pregunta se é habitual que esta concellería non tome coñecemento das resolucións que se lle achegan nin das mensaxes que se lle remiten.