Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
8 de decembro de 2021 - 16:20
Ante a convocatoria de folga inmediata e indefinida por parte dos traballadores da empresa concesionaria do servizo de limpeza e recollida de residuos en Ourense, o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, asinou no día de onte os servizos mínimos, que serán dun 45% do persoal actual (máis o 55% restante que non se sume á folga). Tamén requiriu as forzas da orde para garantir o dereito ao traballo, e que os piquetes de folga sexan soamente informativos.
O alcalde informa tamén que, en caso de necesidade, podería solicitarse a colaboración da empresa pública TRAGSA e que, no caso de que se prolongase a folga, estando en pandemia e baixo riscos en materia de salubridade, o Concello de Ourense solicitaría a intervención do exército, coa súa Unidade Militar de Emerxencia.
Adianta tamén o rexedor ourensán que á empresa concesionara do servizo descontaránselle na factura todos os servizos que non sexa capaz de prestar á cidade durante a folga.
Pérez Jácome informa tamén que “seguimos a manter reunións coas partes e que non cederemos a presións cando o único que ambicionan ambos os bandos non é xa manter a súa actividade laboral, senón simple e sinxelamente incrementar os seus ingresos á conta do erario público”.
Subliña a este respecto que a concesión de servizo está a piques de caducar, “e calquera incremento hoxe, podería hipotecar os orzamentos municipais, que deben renovar o seu contrato de limpeza en 2022”.