O alcalde cualifica de “día histórico” a chegada da alta velocidade mais lembra que faltan a nova estación, a variante exterior e a conexión directa con Vigo e Lugo

22 de novembro de 2021 - 13:34

O AVE chega a Ourense porque ten que pasar por Ourense para chegar a Galicia. Se non, non o terían feito. Seguimos sendo a Cenicienta de Galicia e de España, estamos discriminados e debemos seguir loitando para reivindicar”, asegura Gonzalo Jácome


Imagen de noticia

Hoxe é un día absolutamente histórico”, asegurou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, tras realizar integramente a primeira viaxe de probas da liña de alta velocidade desde Madrid ata a cidade de Ourense. “É un auténtico orgullo dicir que Madrid está agora mesmo a 2 h 15 minutos de Ourense cidade, algo inimaxinable cando eu era pequeño ou mesmo hai dúas décadas”, sinalou. O AVE, asegura, “é unha infraestrutura vital que esperemos que axude a que esta cidade saia adiante”.

Valora o rexedor que “hoxe é un día de felicidade para os ourensáns, un día de realidades”, mais advirte que quedan tarefas pendentes, como a licitación da nova estación, a construción da variante exterior ou a mellora das conexións coas cidades de Vigo e Lugo.

En todo caso, advirte que “non podemos deixar de ver a perspectiva como é: o AVE hoxe chega a aquí porque o AVE pasaba por aquí. O AVE chega a Ourense porque ten que pasar por Ourense para chegar a Galicia. Se non, non o terían feito. Seguimos sendo a Cenicienta de Galicia e de España, estamos discriminados e debemos seguir loitando para reivindicar. Non podemos perder a perspectiva da realidade con Ourense pero é un grande día en todo caso”.